Cando remataba outubro puxémonos a organizar a Semana de Tradición Oral. Si, esa na que queremos que participen as familias. Temos a sorte de contar sempre con mamás e papás voluntari@s! Ben pouc@s, por certo. Quereriamos que foran moitas máis as persoas que se achegaran ao centro a compartir con vós estas tradicións tan fermosas e tan nosas: lagoas encantadas, mouras e mouros, tesouros agochados, santa Compaña, Urco, aldeas asolagadas, fontes, a Estadea, home do saco, ánimas, listísimas raposas, cruceiros, Pedro Chosco,nubeiros... unha chea de contos e historias que foron de boca en boca de xeración en xeración na nosa terra.
Moitísimas grazas aos tres!!!
Tan ben se portaron tod@s, e tanto interese demostraron que non so foron merecedores de agasallo @s nos@s colaborador@s, senón tamén todo o alumnado.
Se queredes saber máis sobre a importante tradición oral galega non dubidedes en consultar estas páxinas:
http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral, http://www.orellapendella.org/ , http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/home_contos_vellos.html , http://www.lendas.galiciaespallada.com.ar/lendas_corunesas.htm, )
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario