Recomendacións de Nadal 2014

Ola a tod@s!!


Como que non sabes que pedirlle ao Apalpador??? Aquí tes un montón de ideas:








Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

50 anos de Mafalda

Ola a tod@s!!

Estamos de cumple!! Mafalda cumple nada menos que 50 anos, 50 anos engaiolándonos coas súas historietas  e 50 anos de dereitos e valores humáns.

 


Así que, na Biblio fixémoslle un recuncho especial para que poidades coñecer os seus libros e, xa de paso, podedes levar un pequeno agasallo de recordo. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día internacional dos dereitos da infancia

Ola a tod@s!!

Este pasado mércores celebramos o Día dos dereitos da infancia. 

Primeiro, @s nen@s de 6º elaboraron un mural ben grande.



Despois lemos un manifesto a favor dos dereitos d@s nen@s, porque sabemos que ainda hai moit@s nen@s que sufren no mundo e non queremos que iso ocorra máis!



E colocamos os nosos dereitos no mural para que todo o mundo os vexa ben



E ti, aínda non sabes cales son os teus dereitos? Vota un vistazo neste link:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Dereitos_do_neno

Na Biblio temos moitos libros sobre o tema, busca no estante número 17!




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Semana da literatura oral

Ola a tod@s!!

Algúns contos son vellos, vellísimos; tan vellos coma a Lúa ou coma o Sol, tan vellos coma a avoa da túa avoa, tan vellos coma o bocadillo de chourizo e os ovos con patacas! Pensaches algunha vez cal foi o primeiro neno ou nena que escoitou por primeira vez o conto de "Carrapuchiña Vermella" ou o dos "Tres porquiños e o Lobo Feroz"?


Hai uns días celebramos na Biblio a Semana da literatura oral, e viñeron as mamás a contarnos contos que xa as súas avoas lles contaran a elas e a estas as súas mamás e así ao longo do tempo. 

Moitas grazas a Pilar, Cristina e Noe, que sempre gardan un chisquiño do seu tempo para a nosa Biblio.


Ademáis de escoitar atentamente, tamén os maiores lle leron contos aos pequenos.













E preguntome eu...quen inventaría ese conto tan vello de que os gatos negros dan mala sorte...?





















Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Bon voyage mochilas!!!

Ola a tod@s!!


E xa están despegando as nosas primeiras mochilas cara os fogares d@s lector@s, botarémolas de menos, pero sabemos que estarán en boas mans, verdade que si?

Non esquezades escribir no "diario de viaxe" que foi o que máis vos gustou, ou facédenos un debuxiño, que a min e ao rato gustanos saber que tal o pasaron as mochilas nas vosas casas.



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Memoria en imaxes 2013-2014

Ola a tod@s!!

Antes de comezar...fagamos un pequeno repaso do curso pasado, lembrades o ben que o pasamos? Bota unha ollada ás nosas memorias dixitais e contanos que foi o que máis che gustou.






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Biblioteca Escolar...Matemático!!!

Ola a tod@s!!

Benvid@s amig@s lentor@s!! Que bonitos son os reencontros c@s amig@s, as apertas, os libros novos (...e os vellos, que hai libros que gusta ler unha e outra vez, non si?). Eu metinlle unha aperta ao rato que case o espachurro!!! 

En fin, seguro que estades desexando sumerxirvos nas mochilas viaxeiras que o Rato e máis eu estamos argallando; ou navegar nas novidades que estamos preparando para este ano...Ademáis haberá algunha que outra sorpresa, o curso pasado vivimos aventuras galácticas, que nos deparará este?? Igual tedes que ler un pouquiño "entre liñas" para descubrilo...pero pronto o saberedes!!


Cambiando de tema: como van esas mates?? Pois poñédevos as pilas! Porque este ano, o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia será: "Biblioteca Escolar...Matemático!!!" , con este cartel tan chulo, deseñado por David Pintor. Así que teremos moito que investigar arredor das mates. Preparados, listos, xa!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Praia, bocata e conto

Ola a tod@s!!

Pero que ben senta espatarrarse na praia, comer un bon bocata de tortilla de patacas (e un pouco de crocante area da que nos queda polos dedos...) e pegarlle un repaso ao noso libro favorito. Iso si que son vacacións!!! 


Por se non se vos ocorre que máis facer en verán, aquí tendes as nosas recomendacións, saboreádeas ben, bon verán a tod@s!!!





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Gañador@s do concurso de microrrelatos

Ola a tod@s!!

Durísimo traballaron @s nen@s do noso cole para presentarse ao concurso de microrrelatos organizado polo Concello de Fene. E claro, iso tivo recompensa! Aquí podedes ver en letras ben grandes o nome da gañadora do certame na categoría de Primaria, noraboa Paula Cutrín!! 




Pero iso non é todo, amig@s, ainda que non o poña no periódico, o Rato e máis eu ben sabemos que o segundo premio foi para....tachán, tachán.... Lucía Permuy!!! 

Por suposto, temos que felicitar tamén a Xiao Calvo (antigo compi do cole, parabéns Xiao!!) e a Noelia Freire, así como a tod@s @s participantes do concurso.

En fin, aquí tendes ás flamantes gañadoras e a ligazón para poder ler as súas pequenas obras de arte:
















Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Escoitando coa boca aberta

Ola a tod@s!!

Nestes últimos días, moitos papis e mamis viñeron ler á nosa biblio para conmemorar o mes do libro. Aquí tendes algunhas fotos que lles encarguei ás reporteiras do cole.

Ollo ás caras de interés d@s máis pequen@s; para que logo digan que non nos gusta ler!! 



E un grande aplauso para Noe!



Aquí Pilar debía estar contando un conto moi interesante, porque @s nen@s de infantil estaban ben caladiñ@s (e gústalles moito falar, dígovolo eu!):



Miguel veunlles ler @s mais maiores "Alicia no país das Marabillas". Marabillad@s quedamos tod@s!





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día do libro 2014

Ola a tod@s!!


O pasado mércores 23 de abril foi o Día do Libro. E que mellor maneira de celebralo que lendo libros! 

"Lorenzo" acompañounos nun día cheo de contos e agarimos, se non me credes botade unha ollada ás fotos que vos deixo (facede clic na imaxe). Lecturas máxicas e momentos máxicos...


*Recorda que as imaxes amosadas neste blogue non se poden compartir. Pero pódelas ver aquí as veces que queiras!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Máis contos, máis!!

Ola a tod@s!!

Hoxe tivemos unha nova xornada de lecturas a cargo das mamás e papá máis atrevid@s! 


Pilar veu ler á clase de terceiro:





Gloria veu á clase de terceiro ciclo:


 

Javier leunos na biblio aos nen@s de cuarto:




E Cristina deixou encantados aos máis pequen@s:


 
Moitas grazas!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes


Contos e máis contos

Ola a tod@s!!

Seguimos cos "apamadriñamentos" para celebrar o mes do libro. O venres tivemos a sorte de contar con Gloria e Javier, que viñeron a lernos contos aos máis pequech@s do cole. Mirade que atentiñ@s estaban tod@s! E que é unha sorte ter alguén que nos lea un conto. Moitas grazas!









Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Apadriñamentos lectores.

Ola a tod@s!!


Por fin, por fin!!! Xa comezan os "apamadriñamentos" lectores! Hoxe viñeronnos ler Pili, a mamá de Antonio e Jaime e tamén Javier, o papá de Sara. Fixérono moi ben e estamos requequequetequeagradecid@s. Moitas grazas!!!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Semana da Prensa na Escola 2014

Ola a tod@s!!

A semana do 10 ao 14 de marzo, celebramos a semana da prensa na escola. @s nos@s redactores/as, recolleron as novas que máis nos importan no CEIP "Os Casais" e, por suposto, na Biblio.




Podédelas ver nos corredores da escola, pero, se non tendes tempo, aquí tendes un "ISSUU" onde podedes ler o noso xornal con toda tranquilidade.



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día Internacional do Libro Infantil 2014

Ola a tod@s!!

Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil 2014. Dende 1976, cada 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen (que quen é este??? Coñécelo de sobra, fai clic no seu nome se non te das conta), adicámoslle este día á lectura de libros infantís e xuvenís, eses que na biblio nos gustan tanto.

E como se escribe un libro?? De onde veñen as ideas?? Aquí vos deixo a resposta de Siobhán Parkinson, unha escritora irlandesa que sabe un cacho destas cousas.  Igual vos inspirades un pouco e vos animades a escribir algo... Para ler a súa carta, facede clic no cartel deste ano.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

A qué sabe a lúa?

Ola a tod@s!!

Estaba eu paseándome polos corredores do cole, neses momentos de paz nos que non hai alimañ...digo nen@s correndo dun lado a outro...

Cando...de súpeto, atopei esta marabilla de mural que lle vou enviar ao noso monstro estelar para que nos libere algunha estreliña. 


Encántame este conto de Michael Grejniec! Pero a quen máis lle gusta é ao Rato Gordecho; sabías que o rato do conto e primo del? É que aquí na biblio coñecemos a un montón de celebridades...En fin, se ainda non o liches, non sei a que esperas! Ademáis, na biblio témolo en galego e en inglés, tes para escoller!







Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Máis estrelas

Ola a tod@s!!

Mirade, mirade! Así traballaron @s nen@s de 4º na biblio sobre un libro chulísimo do Universo. Máis estrelas! Isto é un non parar!!






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Cousas interesantes...

Ola a tod@s!!


Menudo traballo fixeron @s nen@s de terceiro!! Un libro cheo de "cousas interesantes" sobre o Universo. Teño que falar co monstro, este traballo ben se merece que libere unha estrela, ou non?

Se ainda  non tivestes oportunidade de velo, non perdades tempo!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día da poesía. Acrósticos.

Ola a tod@s!!

Unha vez máis temos a oportunidade de comprobar que neste cole hai grandes artistas. Se queredes comprobalo vós mesmos, so tendes que dar unha volta polos corredores do CEIP "Os Casais" e ver os nosos acrósticos. Cantos poemas se poden facer a partires dunha soa palabra! "POESÍA"!


Seguro que algún dest@s nen@s chega a ser un grande poeta ou poetisa! (Nota mental: gardar estes poemas para cando a firma dest@s artistas valga millóns...)



Por certo, aquí hai un acróstico que lle vai gustar moito ao noso monstro...




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

21 de marzo: día da poesía con Fran Alonso

Ola a tod@s!!


Que sorte, que sorte! Non sei se vos falei algunha vez dun amigo que teño nas Rías Baixas, un gato artista que escribe unhas poesías que me poñen os bigotes de punta. Pois resulta que vive na casa dun escritor fantástico, seguro que o coñecedes: Fran Alonso (autor de "O meu gato é un poeta", " A araña e máis eu", "Cidades", "Poetízate" e mooooitos máis).

Pois pensando como podiamos celebrar o día da poesía aquí na biblio acordeime del... E así foi! O venres 21, tivemos a inmensa sorte de que nos viñese visitar Fran Alonso, que nos fixo rir un montón cos seus poemas e nos fixo entender que a poesía non está só nos libros, está en todas partes, e en tódolos momentos das nosas vidas: incluso no patio do cole!





Non temos máis que verbas de agradecemento para Fran, foi un pracer telo connosco e aprender da súa sabedoría e creatividade. Moitíiiiiiiiiisimas grazas!!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

XIV Maratón de Lectura - Día da muller traballadora

Ola a tod@s!!

A semana pasada participamos na XIV Maratón de Lectura organizado polo Concello de Fene con motivo do "Día Internacional da Muller" que nesta ocasión quixo render Homenaxe á Muller Mariscadora. 

Preparámonos moito moitísimo e ainda que estabamos un pouquiño nervios@s, a cousa saiu moi pero que moi ben. Aquí nos podedes ver en plena acción:







O rato e máis eu estivemos facendo unha pequena retransmisión en exclusiva...non vola perdades! Facede click na imaxe (molan os meus cascos radiofónicos, eh?):

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes