Hoxe é o Día Internacional do Libro Infantil 2014. Dende 1976, cada 2 de abril, coincidindo coa data de nacemento de Hans Christian Andersen (que quen é este??? Coñécelo de sobra, fai clic no seu nome se non te das conta), adicámoslle este día á lectura de libros infantís e xuvenís, eses que na biblio nos gustan tanto.
E como se escribe un libro?? De onde veñen as ideas?? Aquí vos deixo a resposta de Siobhán Parkinson, unha escritora irlandesa que sabe un cacho destas cousas. Igual vos inspirades un pouco e vos animades a escribir algo... Para ler a súa carta, facede clic no cartel deste ano.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario