Ola a tod@s!!!

Bo Nadal e Feliz Aninovo a tod@s, que o 2013 veña cheo de novas aventuras e historias que contar!


Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

Persoas libro

Ola a tod@s!!

O libros comezan a arder a 451 grados na escala de Farenheit...e se alguén quixese queimar tódolos libros, que fariamos nós? Quedaríamos sen contos? Onde viviría eu? E o Rato????!!

Non hai problema!!! Nesta biblio queremos estar preparados para calquera cousa! Así que chamamos a Antonio Rodríguez Menéndez, un experto que nos explicou que facer no caso dunha catástrofe bibliotecaria semellante.

Antonio contounos que, no caso de non ter libros, teríamos que transformarnos tod@s en "persoas-libro"; así que habería nen@s que serían "A que sabe a lúa?" ou outr@s que serían "Carrapuchiña Vermella". Cando quixésemos escoitar ese conto, tan só teríamos que pedírllelo a es@s nen@s!

- Oes, tí! "A que sabe a lúa?", cóntame o conto, por favor!

E "A que sabe a lúa?" contaríanos o conto "debaixo da manta e con palabras de chocolate fundido". Non é estupendo? Xa temos formato libro de papel, libro electrónico e persoa-libro!!!







E tí, se foras persoa-libro, que libro serías?

Miañadiñas e ronroneos
Mica Bigotes

Centenario Celso Emilio Ferreiro

Hola a tod@s!

Este ano celébrase o centerario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e o 50 aniversario da publicación de "Longa Noite de pedra". 

Hoxe, 12, do 12, do 2012 ás 12:00, o noso cole sumouse a outros moitos para recitar o poema "Deitado frente ao mar", porque sí, porque nos gusta a nosa lingua e porque nos dá a gana!



E se pensas que 100 anos son demasiados, aquí tes unha versión máis moderna:




Miañadiñas e ronroneos
Mica Bigotes

Pensando "nesa" carta...

- Ola Rato Gordecho! Véxote moi atarefado, que estás a facer?
- Pois estou escribindo a carta aos Reis, xa sei que vou pedir!!!
- Dime, dime!
- Vou pedir un libro electrónico!!!
- Vaia! E logo, non che chega cos libros da biblio? 
- É que nun libro electrónico collen moitos máis, Mica.
- Xa...bueno, para gustos...a min gústame moito o tacto dos libros, como ulen, prestarllos aos meus amigos, incluso facer "bookcrossing"!
- Que é iso do "bucrousin"?
- Pois les un libro e despois libéralo nalgún parque ou nunha cafetería para que outr@o poida ler tamén, incluso podes deixar unha nota co que che pareceu o libro.
- Que boa idea! Pero eu non vou deixar o libro electrónico por aí...
- En fin, da igual en que formato, o que importa é ter sempre algo que ler. Precisamente aquí traio unhas recomendacións para este Nadal.
- Estupendo! Deixa que bote unha ollada antes de rematar a carta!!
- Claro que si!

(...)

- Oíches, Mica...
- Dime, Rato.
- E como fago para roer no libro electrónico...Non me pasará a corrente!!!



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

BUSCA INSPIRACIÓN PARA NADAL AQUÍ...


Semana da literatura oral

Ola a tod@s!!!

O mes pasado estivemos moi, moi atarefad@s! Varias mamás viñeron a contarnos historias para celebrar a semana da literatura oral. Botade unha ollada ás fotos. Moitas grazas a todas por participar!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own picture slideshow


Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes