Gañador@s do concurso de microrrelatos

Ola a tod@s!!

Durísimo traballaron @s nen@s do noso cole para presentarse ao concurso de microrrelatos organizado polo Concello de Fene. E claro, iso tivo recompensa! Aquí podedes ver en letras ben grandes o nome da gañadora do certame na categoría de Primaria, noraboa Paula Cutrín!! 




Pero iso non é todo, amig@s, ainda que non o poña no periódico, o Rato e máis eu ben sabemos que o segundo premio foi para....tachán, tachán.... Lucía Permuy!!! 

Por suposto, temos que felicitar tamén a Xiao Calvo (antigo compi do cole, parabéns Xiao!!) e a Noelia Freire, así como a tod@s @s participantes do concurso.

En fin, aquí tendes ás flamantes gañadoras e a ligazón para poder ler as súas pequenas obras de arte:
















Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Escoitando coa boca aberta

Ola a tod@s!!

Nestes últimos días, moitos papis e mamis viñeron ler á nosa biblio para conmemorar o mes do libro. Aquí tendes algunhas fotos que lles encarguei ás reporteiras do cole.

Ollo ás caras de interés d@s máis pequen@s; para que logo digan que non nos gusta ler!! 



E un grande aplauso para Noe!



Aquí Pilar debía estar contando un conto moi interesante, porque @s nen@s de infantil estaban ben caladiñ@s (e gústalles moito falar, dígovolo eu!):



Miguel veunlles ler @s mais maiores "Alicia no país das Marabillas". Marabillad@s quedamos tod@s!





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes