Lavandeiras

Ola a tod@s!!
   Non puidemos ter mellor remate de proxecto que a visita das Lavandeiras de Sillobre, para compartir con nós aquelo que saben dos traballos que pasaron as mulleres en tempos pasados. Lavamos, puxemos a roupa ao clareo, escoitamos historias interesantísimas... Divertímonos. Aprendimos. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de marzo

Ola a tod@s!!
   O 21 de marzo é sempre un día moi especial: celebramos a entrada da primavera, o Día da Poesía, o Día da Árbore e o Día da Síndrome de Down. 

 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Narración oral

Ola a tod@s!!
   O 20 de marzo celébrase o Día Mundial da Narración Oral. Esta data comezou a festexarse en Suecia no ano 1991, mais na actualidade a conmemoración deste día está extendida por moitísimos países de todos os continentes.
   Este ano 2024  deixamos aquí as fermosas verbas da madriña da nosa biblioteca, a extraordinaria e benquerida Paula Carballeira, escritas para a ocasión.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Mamá lectora

Ola a tod@s!!
   Hoxe poño aquí unha desas fotos un pouco atrasadas das que agocha Rato Gordecho e van aparecendo pouco a pouco. É da semana pasada. O mércores veu ler a mamá de Navia e Osián. Gozamos moitísimo con "A mellor sopa do mundo", de Susana Isern; se ata cantamos e bailamos!
Moitas grazas por compartir con nós tan fermosos momentos de lectura!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vero Rilo

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa contadora de historias foi Vero Rilo. Falounos de moitísimas cousas relacionadas cos lavadoiros, dos duros traballos das mulleres, falou de inxustizas e de sororidade... Gozamos coas historias dos libros e coa narración oral. Participamos. Preguntamos e aprendimos. 
    Que ben o pasamos hoxe na biblioteca! Grazas, Vero!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sempre lectura. Dando exemplo.

Ola a tod@s!!
   No noso día a día sempre están presentes os libros e a lectura. E non hai mellor mestre que o exemplo. Aquí vos deixo a Dely nunha desas visitas a unha clase que non é a súa titoría para ofrecerlles unha boa historia aos nenos e ás nenas. Porque as profes tamén contan. Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes