Actívao!

Ola a tod@s!!
   Mañá empezará o gran reto: 21 días co galego. Damos comezo a actividade Modo galego: actívao! Conseguirémolo? 700 sonche moitos puntos... O Rato di que si, que confía moito nos nosos nenos e nenas. Eu tamen! 
   Con puntos e sen puntos, ímolo pasar en grande! E maloserá!
          Alá imos!!! 3, 2, 1... xa!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cousiñas do Rato

Ola a tod@s!!
   Atopei outra foto perdida. Cousiñas do Rato...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Innovart 2024

Ola a tod@s!!
   Canto aprenderon as nenas e os nenos que viaxaron ata Compostela para asistir aos obradoiros da feira Innovart 2024. Gozaron da arte, do deporte e das linguas. A cociña, o audivisual, a música, a danza... foron as actividades escollidas. Non se equivocaron, porque todo resultou ser de grande interese. E pasárono xenial!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A xanela do maxín

Ola a tod@s!!
   Tivemos a sorte de contar con Celtia Figueiras e o seu espectáculo "Pasando a bola". O tema: o bullying. Nunca será de máis o que insistamos nisto. 
E descubrimos grandes actrices voluntarias!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A mosca chosca

Ola a tod@s!!
   Hoxe veu ler á nosa biblioteca a mamá de Andrea. Que ben o pasamos! Un éxito! Non podía ser doutra maneira co conto da Mosca Chosca, que tanto nos gusta.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Marzo: primavera e poesía.

Ola a tod@s!!
   Co mes de marzo, mes cheo de poesía, achégase tamén a primavera. Mica sábeo, por iso regalounos todos estes viraxiras para colgar na árbore a cambio do bo traballo que fixemos cos nosos poemas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

E máis lectura

Ola a tod@s!!
   Outra de Dely! Se é que estas profes non paran de ler!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Terceiro trimestre

Ola a tod@s!!
   O tempo vai andando e, case que sen darnos de conta, chegamos ao terceiro trimestre. Vai quedando menos, pero nós, aí seguimos, lendo. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lavandeiras

Ola a tod@s!!
   Non puidemos ter mellor remate de proxecto que a visita das Lavandeiras de Sillobre, para compartir con nós aquelo que saben dos traballos que pasaron as mulleres en tempos pasados. Lavamos, puxemos a roupa ao clareo, escoitamos historias interesantísimas... Divertímonos. Aprendimos. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

21 de marzo

Ola a tod@s!!
   O 21 de marzo é sempre un día moi especial: celebramos a entrada da primavera, o Día da Poesía, o Día da Árbore e o Día da Síndrome de Down. 

 



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Narración oral

Ola a tod@s!!
   O 20 de marzo celébrase o Día Mundial da Narración Oral. Esta data comezou a festexarse en Suecia no ano 1991, mais na actualidade a conmemoración deste día está extendida por moitísimos países de todos os continentes.
   Este ano 2024  deixamos aquí as fermosas verbas da madriña da nosa biblioteca, a extraordinaria e benquerida Paula Carballeira, escritas para a ocasión.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Mamá lectora

Ola a tod@s!!
   Hoxe poño aquí unha desas fotos un pouco atrasadas das que agocha Rato Gordecho e van aparecendo pouco a pouco. É da semana pasada. O mércores veu ler a mamá de Navia e Osián. Gozamos moitísimo con "A mellor sopa do mundo", de Susana Isern; se ata cantamos e bailamos!
Moitas grazas por compartir con nós tan fermosos momentos de lectura!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vero Rilo

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa contadora de historias foi Vero Rilo. Falounos de moitísimas cousas relacionadas cos lavadoiros, dos duros traballos das mulleres, falou de inxustizas e de sororidade... Gozamos coas historias dos libros e coa narración oral. Participamos. Preguntamos e aprendimos. 
    Que ben o pasamos hoxe na biblioteca! Grazas, Vero!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Sempre lectura. Dando exemplo.

Ola a tod@s!!
   No noso día a día sempre están presentes os libros e a lectura. E non hai mellor mestre que o exemplo. Aquí vos deixo a Dely nunha desas visitas a unha clase que non é a súa titoría para ofrecerlles unha boa historia aos nenos e ás nenas. Porque as profes tamén contan. Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Máis Rosalía

Ola a tod@s!!


 
 
  
  
       
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23-F

Ola a tod@s!!
   O venres celebramos a nosa pequena homenaxe a Rosalía de Castro. Recibimos ás familias que viñeron ler xunto cos seus fillos, fillas ou netos. Realizamos unha ofrenda floral con aqueles elementos vexetais que comunmente aparecen  na obra rosaliana. Recitamos os seus poemas... E, como non, levamos un libro e unha flor.
      Coma sempre, curso tras curso, é un dos días preferidos na nosa biblioteca.

#oamordapatriagalega
#_rdc2024




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A escoitar!

Ola a tod@s!!
   Podedes escoitar o testamento de D.Pachorro na voz das nenas e dos nenos de 5º e  6º.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LUUUME!!!

Ola a tod@s!!
   O tempo non acompañou na celebración do Entroido e, por iso, o meco Don Pachorro, coa súa mala vida, tivo unha prórroga. Mais, con tanto sedentarismo, tarde ou cedo tiñar que ir...
   Ademais, a tradición obriga: o seu destino era o lume. Sen remedio.
   Aquí vos deixo o seu testamento, do que se ocupou, con simpatía e bo humor, a rapazada do 3ºCiclo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Mundial da Radio

Ola a tod@s!!
   Hoxe, 13 de febreiro, é o Día Mundial da Radio, data na que é importante reivindicar a radio como o que é: unha potente ferramenta pedagóxica para que a rapazada desenvolva a súa competencia oral e comunicativa.
   Nesta data tan especial queremos facer mención á nosa participación no programa en directo que Radio Fene emitiu dende a escola de Limodre.  Este programa forma parte do proxecto Onda ODS no que participan, entre outras, as emisoras locais galegas co obxectivo de dar a coñecer e concienciar á cidadanía sobre os retos da Axenda 2030.
    Aí estivo o alumnado do CEIPP Os Casais ao completo, comentando algunhas das actividades que fan e están relacionadas cos ODS e falando da relevancia que teñen as pequenas accións que cada un de nós fai ou deixa de facer.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

11-F

Ola a tod@s!!
   Como o día 11 vou ter a biblioteca pechada, porque o rato e máis eu imos entroidar por aí, ocupeime de que hoxe alguén viñera cos nenos e as nenas para  realizar actividades relacionadas co Día Internacional da Muller e a Nena na ciencia.
   Pasárono xenial! E resolveron todas as probas rapidísimamente. O rato non daba creto! Pensaba que ese crebacabezas que preparamos coas científicas das nosas mochilas non o ían dar feito case, case, se me descoidas, nin @s maiores. Xa, xa... Non sabe el o espelido que é o noso alumnado. (Miau!)


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Profe Lorena

Ola a tod@s!!
   Aquí deixo unha desas fotos que tiña agochadas o Rato Gordecho. A profe Lorena foi ler, un día, de sorpresa, á clase de 1º. Non é fácil para ela deixar o despacho, con tanto papeleo como ten que facer, pero alá foi. Que alegría levaron os seus "ex"!!!
 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cita a cegas

Ola a tod@s!!
   Pola Candeloria tocou a nosa xa tradicional "Cita a cegas". El@s non o sabían, pero todos os libros eran de BD. Este ano non podía ser doutro xeito! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Decálogo para medrar en paz

Ola a tod@s!!
   Enviamos por avión as nosas mensaxes pola paz e tamén construímos un decálogo para medrar en paz.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Amicos

Ola a tod@s!!
   A Asociación Amicos, de Boiro, ocúpase de apoiar a persoas con discapacidade. Este curso, participamos na súa iniciativa pola paz.

 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mural da Paz 2024

Ola a tod@s!!
   Con todas as pombiñas que compartiron creamos o mural da paz deste 2024:
Por unha Paz duradeira

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

FU pola paz

Ola a tod@s!!
   Os nosos equipos realizaron unha actividade de formación de usuari@s como primeiro paso para preparar o Día da Paz. Fixérono moi ben. Conseguiron pombiñas para compartir e un cartel para aprender a vivir en paz. Cada día desenvólvense mellor na biblio e gozan moitísimo do traballo en grupo.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que alegría!

Ola a tod@s!!
   Canto nos presta que veñan á biblio as nosas mamás!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Enrédate co inverno

Ola a tod@s!!
   Nin choiva, nin frío, nin nada de nada nos quita as ganas de ler!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día Internacional da Educación

Ola a tod@s!!
   Como cada 24 de xaneiro dende hai seis anos, celebramos o Día Internacional da Educación. Non pode ser que millóns de nenos e nenas non poidan ir á escola. É preciso reinvidicar unha educación de calidade, equitativa e xusta para todos.
   A educación é a principal forza transformadora para acadar unha cultura de paz, de respecto polos dereitos humanos e o desenvolvemento sostible. É fundamental fomentar unha aprendizaxe para a paz, con valores, actitudes, competencias e comportamentos que fagan de cada un de nós un axente de paz.



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Ola a tod@s!!
   Unha das fotos que tiña agochada Rato Gordecho é esta do diploma que nos mandara Global Humanitaria. Como neste momento estamos coa preparación do programa de radio sobre os ODS que imos gravar con Radio Fene, pareceume boa idea recuperar esta imaxe de primeira.
Somos un centro solidario!
Grazas, familias!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas Viaxeiras

Ola a tod@s!!
   Como vedes, seguen saíndo as Mochilas Viaxeiras. Nalgunha clase están xa a piques de rematar a súa andaina. Seguramente teremos que preparar unhas novas para facer outra ronda, vista a alegría coa que as reciben, tanto ten que sexan as de lectura ou as do espazo fedelleiro. Que ben!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mamá lectora

Ola a tod@s!!
   Damos as grazas á mamá de Teo Antón, que compartiu con nós un momento de lectura na biblio. Gústanos moito recibir ás familias. As nenas e os nenos gozan moitísimo deste compartido. Están desexando que sexan máis as persoas que se animen a vir!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Encontros con Esccritores

Ola a tod@s!!
   Aí temos á nosa madriña, a simpática e polifacética artista Paula Carballeira.


Esta fotografía é do xoves, 11 de xaneiro. É do Ciclo Encontros con Escritores que, dende hai 12 anos, organizan o CFR e a UNED de A Coruña.
Como non podía ser doutro xeito, Paula Carballeira recibiu a felicitación  pola obtención do Premio Nacional de Teatro do ano 2023.
Entre o público asistente estaba un membro do noso equipo de biblioteca, aplaudindo ben forte no nome de todos. 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outra vez!!!

Ola a tod@s!!

   Que pasou, preguntades? Pois pasou o de sempre!
Todos os anos igual... E eu pico sempre, como unha inxenua. 
   Por iso estaba tan enfadada onte; co Rato, polas trasnadas que fai sen parar e comigo, porque pasan os cursos e faime isto sempre, sempre, sempre e nunca me entero ata que pasan unha morea de meses.
   Non sabedes de que falo? De que vou falar? Da manía que ten o Rato Gordecho de agochar as fotos. Xa irei poñendo algunhas das que atopei. Hai cousas ata dos primeiros días do curso!!! Xa veredes.
  Pero que saibades que o enfado xa me pasou. Como non ía ser así, se o Rato e máis eu somos os mellores amigos de todo o mundo mundial!!! Miau!!!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Votación Entroido

Ola a tod@s!!
   Onte, venres 12 de xaneiro, empezáronse a quentar os motores para celebrar o Entroido. Fíxose a votación para escoller a temática. De entre as cinco propostas das aulas (Entroido tradicional galego, animais, emojis, signos do zodiaco e deportes) a opción máis votada (37 votos) foi a última. Así que, o Rato e máis eu ímonos poñer a pensar de que vir: esgrima, atletismo, natación, halterofilia, remo... Non sei... hai tanto onde elixir...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Concurso escolar ONCE

Ola a tod@s!!
   Un ano máis, estamos participando no Concurso Once, que é un programa de concienciación educativa sobre a inclusión. Vai xa pola súa 40 edición. O CEIPP Os Casais leva participando moitos anos, pero non tantos! Serán uns 12 ou 13... Pero non son poucos. Ademáis, recibimos varios premios, tanto provinciais como autonómicos, proba de que tomamos moi en serio este traballo. Isto é así porque somos conscientes da importancia da inclusión e do camiño que ainda queda por percorrer.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes