Seguimos contando contos

Ola a tod@s!!

Somos Contacontos! 
Aquí tedes a Álex, unha vez máis, repetindo a experiencia de compartir a Hora de Ler, coas nenas e os nenos da clase de Infantil.

Non sabedes canto me gusta ver como desfrutan xunt@s!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Fene lendo mulleres

Ola a tod@s!!
   Non me acordara de contar que levei unha alegría moi grande o día que o Concello nos comunicou que ía retomar a actividade de FenelendoMulleres.
 Eran xa moitos anos os que levabamos desfrutando moitísimo ese día, así que, cando non se fixo, sentimos moita mágoa (o rato e máis eu, pero tamén as nenas, os nenos e @s prof@s tod@s de Os Casais).
   Que ben que cambiaran de idea!

                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mulleres, galegas e poetas

Ola a tod@s!!
   Ben sabedes que este curso as bibliotecas escolares estamos prestando unha atención especial á poesía. Por iso, para celebrar o 8 de marzo, traballamos algunhas das nosas poetas. Tivemos que escoller só 8 entre as moitísimas que, afortunadamente, temos na actualidade. Tocoulle a estas que podedes ver no mural.
Sei que vos gustou moito facer este traballo, porque vos encanta realizar actividades nas que participades tod@s.
Se ata algún curso queixouse de que se lles fixo pouco!!!
Sodes fantástic@s!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día da Poesía

Ola a tod@s!!
Non hai cole coma a noso! Vaia sitio máis bonito para recitar!
O rato gordecho andaba correteando pola herba, pero eu escoitei atentamente. Canto me gustou!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Árbore

Ola a tod@s!!
   Hai mellor maneira de celebrar a entrada da primavera que recitando versos e plantando árbores?
   Claro que non!
   As eirugas da seda van estar encantadas con este exemplar de morus alba.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cando a Candeloria...

Ola a tod@s!!
Lembrades? Cando chegou a Candeloria metade do inverno ía fóra...
E os paxaros trouxeron, en pouco tempo, a primavera.
Xa a temos aquí! Chea de poesía, como non!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O noso espazo fedelleiro

Ola a tod@s!!
E, xa postos a recordar bos momentos... 
Lembrades canto traballiño vos dou facer as letras da paz? Pero cantas risas, canta alegría, canta imaxinación e creatividade puxéchedes nelas, vai que si?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día de Rosalía

Ola a tod@s!!
Lembrades cantas lecturas compartimos no Día de Rosalía?
O rato estaba emocionado escoitando tan fermosos versos e as sentidas palabras que de Rosalía dixemos, porque é un auténtico namorado dela. 

Foi unha xornada ben bonita!  Nenas e nenos, profes, mamás, familias... tod@s lendo.
Miau! Canto me gustou!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Un conto cheo de lobos

Ola a tod@s!!
Álex, Helena, Hugo e Lucía foron ler na clase de 1º e 2º.
Escolleron o precioso libro de Roberto Aliaga e Roger Olmos Un conto cheo de lobos
Pasaron unha hora de ler estupenda!
Xa sabemos... Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos... Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro.
O conto estaba cheo de lobos!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Totoro

Ola a tod@s!!
  En todos os cursos gustou moito a exposición de banda deseñada. Moito, moitísimo! Seino ben, porque o rato gordecho andou vixiando todo o tempo e contoumo.
  Díxome tamén que na clase de 1º e 2º fixeron un gran descubremento co video de Totoro. Non o coñecían!!!
     Encantoulles, claro. Como non!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maleta BD

Ola a tod@s!!
No mes de febreiro tivemos na biblio unha exposición de Banda Deseñada.
As nenas de 5º e 6º desfrutaron moito co contido desta maleta, cedida pola Asesoría das Bibliotecas Escolares de Galicia, a través do CFR de Ferrol.
Non pensedes que se dedicaron so a mirar os libros... Traballaron moito con eles!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lecturas de Entroido

Ola a tod@s!!
Alba e Rocío foron ler á clase de 1º e 2º. Como estabamos no Entroido contáronlles cousas dos peliqueiros, dos cigarróns, das pantallas, dos volantes...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mamá lectora

Ola a tod@s!!
O día que veu ler a mamá de María as nenas e nenos de Educación Infantil pasárono moi ben. Non tedes mais que verlles as caras. Non se nota?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Compartindo momentos



Ola a tod@s!!
Non vos dixera nada do fermoso momento que compartimos o mércores 27 de febreiro c@s maiores da Residencia Domus Vi de Laraxe. 
As nosas leturas de Entroido gustáronlle moito a tod@s e contáronos como celebraban nas súas vilas e as cousas tan ricas que comían.
Alí quedaron tan contentos, 
que nos convidaron a volver.
A nós gústounos tanto, 
que aceptamos a invitación
e imos repetir.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Parabens, Rocío

Ola a tod@s!!
Eu son unha gata moi afortunada. Síntome moi orgullosa das nosas nenas e dos nosos nenos. Son tan fantástic@s!
E, por riba, ás veces danme unhas alegrías tremendas.
O rato gordecho dime sempre que se me cae a baba con el@s.  E algo de razón ten...
O sábado pasado, ás 12:30, Rocío recibeu o 1º Premio de Micropoesía do V Certame Carmela Loureiro, convocado polo Concello de Ferrol. 
Foron moitos os coles participantes.
O noso, como vedes, estivo representado magníficamente.
Parabens, Rocío!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

24 de xaneiro

Ola a tod@s!!
Lembrades que este ano inauguramos un novo Día Internacional? Si, si, o da Educación. Xa era hora de que se acordaran disto, non?
Aí estivemos nós. Cómo pasalo por alto, se levamos tanto tempo defendendo o Dereito á Educación para todos as nenas e os nenos do mundo.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Enrédate coas estacións. Inverno

Ola a tod@s!!
Todo o tempo é bo para ler. Se no outono, co vento, as follas que caen, o frío que empeza a chegar... nos parecía unha ocasión perfecta... qué decir do inverno!
Qué placer estar cómod@ na casa lendo un libro mentres escoitamos como a chuvia repenica nos cristais!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntari@s

Ola a tod@s!!
Recibo moitas visitas. Non me ven. Pero eu si que vexo canto traballan.
Grazas, nenas! A vosa colaboración é importantísima!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Repetimos!

Ola a tod@s!!
Aquí tedes de novo a Noa contándolles un conto na Hora de Ler ás nenas e nenos de Educación Infantil.
Que fermosos son estes momentos compartidos!
Canto desfrutan tod@s, grandes e pequen@s!
(Eu, dende o meu agocho, tamén desfruto, moitísimo, vendo como se fan amig@s da lectura da man d@s compañeir@s)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nenas colaboradoras

Ola a tod@s!!
   Mirade todo o traballo que fixeron Álex, Antía e Helena!
Levei unha alegría cando as vin aparecer pola biblio no seu tempo libre. Tempo libre, libre de verdad; despois de comer.
Son fantásticas! Sempre dispostas a colaborar.
E que ninguén vaia a pensar que fixeron estes tres carteis para elas... Non, non.
Para tod@s!!! Para elas e para @s compañeir@s!!!
Moiiiiiiiiiiitas grazas gatunas!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacontos Miriam

Ola a tod@s!!
Ninguén caera na conta de que faltaban contacontos?
Miriam tamén foi ler contos ás nenas e nenos de Educación Infantil. Ou alguén pensaba que non?
Estarán xa todos?
Falta alguén?
Vós diredes!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Haikus

Ola a tod@s!!
@s nen@s de 5º e 6º editaron unha colección de haikus de inverno. Tamén colaboraron as familias. Podedes ver o content@s que están co seu traballo finalizado.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Quen veu?

Ola a tod@s!!
Que sorpresa tiveron aquel día na clase de Educación Infantil cando as nenas e os nenos de 4º foron lerlles un conto! 
Canto desfrutaron tod@s!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Inverno

Ola a tod@s!!
 Lembrades que actividade tan chula fixemos cos poemas de inverno?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outra vez Emma

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Noa

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Rocío

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Jaime

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Álex

Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

EMMA

Ola a tod@s!!
Non pensaredes que, porque non dixen nada, durante todo este tempo olvidámonos de ler, verdade? Diso nada!!!
@s nos@s maiores seguen sendo contacontos!!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Stop Motion

Ola a tod@s!!
@s maiores editaron curtas utilizando a técnica de stop motion. Mirade que ben explican todo o traballo que fixeron.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cómic

Ola a tod@s!!
Na aula de 4º decantáronse polos cómics.
Aquí tendes os seus videos.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Unha desgraza no mar

Ola a tod@s!!
 As nenas e nenos de 3º montaron unha obra de teatro para que reflexionemos sobre o mal que facemos á vida mariña cando contaminamos o mar.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

O tigre

Ola a tod@s!!
E, se @s pequen@s fixérono xenial, que decir destes tigres?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Animais en perigo de extinción

Ola a tod@s!!
   Lembrades que bo traballo fixeron os nosos nenos e nenas no Festival de Inverno?
  Prepararon un festival estupendo no que amosaron ás familias todo o traballo realizado no Proxecto Documental Integrado sobre os animais en perigo de extinción.
  Como temos uns días sen cole por diante, deixovos uns videos para que poidades velos outra vez.
    De primeiros, como non, @s máis pequenos:
   A que molan?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes