Despedida

Ola a tod@s!!
   Que mellor forma de rematar o ano que agradecendo o esforzo compartido! 
   Despedimos este curso coa entrega de diplomas d@s voluntari@s da biblioteca.
   Non é nada fácil perder os recreos (fútbol incluído) e dedicar ese tempo en beneficio do ben común. Pero aí estiveron.
   

   Son uns campións. Son unhas campionas.


Grazas Jaime, Yago, Breixo, Miriam, Noa, Jennis, Vanesa, Andrea e Clara. O rato  máis eu (e as miñas axudantas, tamén) valoran enormemente todo o traballo que levades feito.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A nosa muiñeira

Ola a tod@s!!
   Queredes ver  o ben que bailaron a muiñeira o Día das Letras? Bueno... digo que bailaron ben, e bailar, bailar, bailaron caseque todos, pero había por aí algunha profe que máis ben facía que bailaba. Debeu de perder as chaves ou algo así, porque non sei que andaba a buscar mirando polo chan. Estas profes é o que teñen, andan ao seu (non sei se non rabuñala un pouco en canto apareza pola biblioteca).



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pintando como Leandro

Ola a tod@s!!
   Aquí vos deixo unha imaxe da última exposición deste curso. Estivemos aprendendo a pintar como Leandro Lamas. Claro está que non o conseguimos, pero saíron obras ben chulas.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2018

Ola a tod@s!!
   Por fin temos xa o video-resumo da celebración do Día das Letras Galegas para que todas aquelas persoas que non puideron acompañarnos en tan fermoso evento compartan con nós a alegría de ver de novo canto o desfrutamos.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maios

Ola a tod@s!!
   Hoxe fumos celebrar os maios cos nosos amigos do Pote. Ano tras ano organizan para nós esta celebración tradicional galega, cousa que moito lles agradacemos.
   Desta vez, eu estou encantada (coma sempre), porque vexo que nunca, nunca, vos esquecedes de min.

Milleiros de ronroneos florais
 e moreas de miañadiñas
primaverais.

Mica Bigotes