No verán, lectura

Ola a tod@s!!
   Coma sempre, unha selección de libros para o verán. Para todas as idades. Pódense intercambiar ao gusto de cadaquén; ás veces  (miau!)




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Remo

Ola a tod@s!!
   Hoxe recibimos na biblioteca a Quique, quen, con esta charla que veu dar, volveu á súa casa, porque o noso é tamén o seu cole. Alegrouse moito de volver. Nós tamén de recibilo.
   Veu presentarnos o Club de Remo de Ares e as súas actividades . Falounos de remo e de regatas, tanto de banco móbil coma de banco fixo, de remo olímpico e, como non, de traiñeiras. E da Liga ACT (a primeira división das regatas) na que o Club compite dende 2019.
    Grazas, Quique! En setembro queremos probar cun batel!!!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Upps!

Ola a tod@s!!
   Díxome o Rato que andan rosmando por aí, porque puxen os contiños de 1º e 2º, pero non todos os de 6º. UPPS! E teñen razón! Pero non hai nada perdido. Agora mesmo poño todos os que faltan para que poidades velos. Listo!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lemos!

Ola a tod@s!!
   "O prometido é débeda", así que aquí vos deixo todos os contos que a clase de 1º e 2º leu para Educación Infantil. Foi moi emocionante; hai nada que estaban xunt@s e, ademáis, non sabían ler! E agora, mirade.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes