Enrédate co outono

Ola a tod@s!!

Chegou a hora de "enredarse" co outono. 

Aquí vos deixo unha foto que sacou o Rato Gordecho de todas as follas que os nenos e as nesas fixeron na casa coas súas familias.

Levan escritos versos de outono.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ciencia

Ola a tod@s!!
   No presente curso queremos dedicar cada mes a unha temática concreta.
Fixemos unha boa remodelación da biblio. Canto traballiño... Cantas horas deixou aí a profe Ainhoa... O rato gordecho e mais eu agradecémosllo un montón! Encántanos como a deixou!
   Agora temos un recanto específico para exposición de libros: Este mes...
      Como sabemos que o curso pasado desfrutástedes moitísimo dos proxectos científicos: da cría de bolboretas, da botánica, dos experimentos, do slime... para outubro escollimos:

  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Comando Verde

Ola a tod@s!!
   Preséntovos o noso COMANDO VERDE, formado por representantes do alumnado, das familias, do profesorado e do persoal non docente.

 Eles van ser o motor do noso proxecto. Ocuparanse de motivar, transmitir información, comunicar os avances do proxecto ao resto dos participantes, deseñar propostas, etc.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Limpeza do río de Va

Ola a tod@s!!
   Non vale de nada se quedamos so coa teoría; así que...
fomos limpar o río de Va!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Betula

Ola a tod@s!!

A primeira charla que acolleu a nosa biblioteca estivo ao cargo da asociación Betula.
Aprendéronos a importancia de coidar os ríos. Pensade: onde vai parar todo o lixo acumulado neles?


Grazas, Betula, pola vosa colaboración.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana polo clima

Ola a tod@s!!
   

 Participamos na Semana polo Clima; cada día  realizamos un pequeno acto simbólico para amosar a  preocupación polo grave deterioro do medio ambiente e o  firme propósito de coidalo e protexelo, evitando aqueles hábitos, actitudes e comportamentos que o perxudican.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Os Casais, cole verde

Ola a tod@s!!
   
Sabedes de sobra que o noso cole está pintado de verde, verdade? Claro que o sabiades... e ben bonito que é!
   Mais igual non caerades na conta de que tamén é verde por dentro. Si, si, verde.
    Levamos anos preocupándonos pola reciclaxe: de pilas, de aceite, de papel, de roupa, de tóner, de tapóns...
    Este curso temos o propósito de dar un paso cara adiante: o noso reto será REDUCIR.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Letras Galegas 2019

Ola a tod@s!!
E, xa que estamos, deixo un video da celebración das Letras Galegas deste ano, que, como sabedes, dedícase a Antón Fraguas, figura clave na defensa da tradición cultural de Galicia.

Non me digades que non foi un día fantástico!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lemos?

Ola a tod@s!!
E, xa que estivo con nós, ben podemos ler algún dos seus libros, non? Isto foi o que me dixo o Rato Gordecho.
Limos tres.
Por se queredes saber de que van, deixo un video que alguén gravou. Quen sería?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Antón Cortizas

Ola a tod@s!!
Ninguén vira as fotos de Antón Cortizas aprendéndonos a facer xoguetes tradicionais?
Tiña razón o rato, entón.
Miaaauuu, a miña cabeza gatuna anda un pouco toliña!
Graciñas, Antón, por agasallarnos
 cun obradoiro tan fermoso!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Brais Moure

Ola a tod@s!!
Pero que día tan chulo tivemos na biblio con Brais Moure!
O rato gordecho quería saír para poder xogar con tanto animal como por aquí houbo. Non quería mais que facerse amigo do lobo. Menos mal que eu son unha gata sensata e non lle deixei... senón, ben que o papa!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Teatro con G

Ola a tod@s!!


Por fin chegou o día de desfrutar do esperado

Teatro con G

 Como cada ano, alí, no Teatro Jofre de Ferrol, estiveron as nosas nenas e nenos.

Actuando algúns, coma espectadores, outros. O cole en pleno vivindo unha auténtica experiencia de teatro.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Onde están as chaves?

Ola a tod@s!!
                                                               Isto foi o que atoparon as nenas e nenos de 3º e 4º cando recibiron a carta que lles enviei...


Que pasará?

Confiades en que estes intrépidos detectives deron resolto o misterio?





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

David Ballesteros

Ola a tod@s!!
O xoves desfrutamos outra vez con David Ballesteros e os seus obradoiros científicos.
Foi un día xenial.
Canto estamos aprendendo no Proxecto Piteas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mar de Muiñeiras

Ola a tod@s!!
Este é o grupo de artistas que representou ao noso cole na actividade Un Mar de Muiñeiras, que foi realizada no asteleiro Navantia para celebrar o Día das Letras Galegas.
Parabéns! Estamos tod@s moi orgullos@s do ben que o fixestes; xa sabedes que con vós ía un anaquiño do noso corazón.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Agora outra.

Ola a tod@s!!
Xa que me anda reclamando, colgo tamén estoutra dun día que @s pillei fedellando no espazo maker c@s de 3º.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Este rato...

Ola a tod@s!!
Queixóuseme o Rato Gordecho de que non puxera foto ningunha das nenas e nenos de 4º na exposición dos libros de poesía.
Madialeva! Como se unha poidera estar a todo!
Aquí vos deixo unha, para que pare de darme a lata.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Adeus, maleta

Ola a tod@s!!
A maleta da poesía está xa no CFR de Ferrol. Pero canto desfrutamos dos seus libros!
Ás nenas e aos nenos de Educación Infantil gustáronlles moitísimo!
Penso que dentro de pouco traerei outra. De que será? 
Adiviñade.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Apaamadriñamentos

Ola a tod@s!!
Xa sei que chove día si e día tamén, pero non pensedes que non demos cun día de abril maravilloso para facer os nosos tradicionais apadriñamentos lectores, que habelos, houbo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maker-fedelleiro

Ola a tod@s!!
Canto aprenden coa robótica no espazo maker-fedelleiro!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lingua de Signos

Ola a tod@s!!
Se é que fixeron un traballo magnífico as miñas nenas e nenos de 4º.
Os catro clústers que organizaron son fantásticos. Para o de Lingua de Signos conseguiron a colaboración de AXF, a Asociación de Persoas Xordas de Ferrol.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Noe Piñero

Ola a tod@s!!
Mira que están aprendendo e desfrutando co clúster de fotografía!
Nótase que lles gusta!
Outro luxo maravilloso poder traballar sobre aquelo que a un lle interesa. E outro máis, claro, poder contar con Noe Piñero.
Moitas grazas, Noe, pola túa colaboración.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Outro luxo!

Ola a tod@s!!
Non me digades que non é outro luxo contar con José Rivera Arnoso no clúster de xardinería. Canto sabe! 
Foi maravillosa a experiencia de visitar o seu xardín botánico. "Se parece mesmamente que un está noutro lugar -dixo o Rato. Poderiamos andar pola selva ou percorrendo a Amazonia. Non cres, Mica? E a verdade é que así era.
Outro clúster estupendo, no que están aprendendo moitísimo.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Modelo SEM: Clusters

Ola a tod@s!!
Canto están aprendendo nos diferentes clusters que organizaron as nenas e os nenos de 4º.
Como podedes ver @s expert@s do de cerámica son de luxo.
Moitas grazas, Carme Romero e Francisco Pérez Porto, pola vosa colaboración.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, Noe!

Ola a tod@s!!
Gústalles tanto cando veñen mamás a ler! 
Grazas, Noe!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Houbo sorte!

Ola a tod@s!!
Outra clase a que conseguin retratar na Exposición de Poesía! Andei rápida! Sempre @s vexo e, por suposto, @s escoito (non hai quen durma cando andan por aquí), pero non sempre dou quitado unha foto... Desta vez houbo sorte!
Nótase canto lles gustan os libros, verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ciencia Piteas

Ola a tod@s!!
Grazas, David, por tanto como aprendimos divertíndonos.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Compartindo o Día do Libro

Ola a tod@s!!
 O 23 de abril, Día do Libro, @s maiores leron dunha maneira moi especial. De novo, visitaron a Residencia de  Laraxe e compartiron bos momentos de lectura cos "outros maiores".
Grazas, familias, por colaborar con nós. Non sería posible sen a vosa axuda.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición de poesía: 5º e 6º

Ola a tod@s!!
Que vos decía? Veu a clase de 5º e 6º a ver os libros que preparamos as miñas axudantas e máis eu e, porque lles mandou a profe, que se non, alí quedaban toda a mañá, de tanto como lles gustaron.
Menos mal que caseque todos poderán levalos para ler na casa cando queiran, porque témolos nós.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maleta Viaxeira: Poesía

Ola a tod@s!!
   Temos unha nova Maleta Viaxeira das Bibliotecas Escolares de Galicia. Así que, puxemos unha fermosa exposición de libros de poesía. 
   Non deixedes de pasar pola biblio! Veredes como vos encanta!
     O Rato Gordecho non para de recitar...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Enrédate coas estacións

Ola a tod@s!!
Ás miñas lectoras e lectores favoritos todo tempo parécelles bo para coller un libro. Por iso están tan enredados coas estacións.
A primavera é perfecta para ler fóra, ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén contamos

Ola a tod@s!!
 Eu son unha gata moi afortunada! Co que me gusta a lectura, vivo rodeada de libros e persoas lectoras. Que máis vou pedir! Nada (unicamente que o rato gordecho non sexa tan pesado, porque ... ás veces...).
  Este curso, ademáis, na Hora de Ler, tamén len as profes.
As profes, ou quen sexa. 
Lembrades o día no que veu "a mosca chosca"?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro 2019

Ola a tod@s!!
Esta semana estamos a celebrar o Día do Libro que, como sabedes é o 23 de abril.
Que sorte temos de contar con familias tan colaboradoras!
É un luxo poder ver dende o meu escondite canto desfrutan destas lecturas compartidas.
Un millón de grazas no nome de todo o cole de Os Casais, o noso cole, o voso cole.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Móvete

Ola a tod@s!!
   Hoxe estivo Ramón Molina, técnico educativo do Plan Proxecta Móvete, co alumnado de 4º, 5º e 6º. Veu facer un obradoiro sobre a solidariedade e o voluntariado.
   Aprendeulles moitas cousas, pero dixo que marchaba moi contento por tantas como sabían xa. E tamén do bos e participativos que son. Eu díxenlle: "ás veces..." (Se non fago así, rífame o Rato por ter unha venda por el@s...)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Celtia Figueiras

Ola a tod@s!!
Mirade que ben acompañada estou!
Si, si. Nada menos que a mismísima Celtia Figueiras!
Veu á nosa biblio a contar contos.
Que ben o pasamos cos seus amigos: Rosi, o Gato con Botas, os tres porquiños e Lobo Feroz...
Foi fantástico!
Tanto ao rato coma a min xa nos gustaba un montón o libro-cd que fixo con Luis Vallecillo, Cantamos?, pero agora, cada vez que o quitemos do andel vainos recordar este día e... miau, miau!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Contacontos solidario

Ola a tod@s!!
Visitounos o gran cociñeiro Mourehammed Quechua. Veu contarnos fermosísimos contos solidarios: sobre o coidado do medio ambiente, sobre a paz, sobre a igualdade, sobre a solidariedade e o voluntariado...
Recibímolo moi ben: cantando tod@s xunt@s a canción do Móvete, que é o noso himno solidario. E, despois, na biblio, pasamos un rato superdivertido, cheo de maxia e sorpresas.
Se ata houbo declaracións de amor! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

SAME 2019

Ola a tod@s!!
O venres celebramos o acto da Campaña Mundial pola Educación; este ano dedicada á necesidade de coidar o medio ambiente e loitar contra o cambio climático que tantos problemas está dando xa.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Poesía e primavera

Ola a tod@s!!
Rematou marzo, pero quédanos a árbore de Mica chea de flores e poesía para lembrar que estamos na primavera (ainda que o rato se queixe todo o día deque chove máis que en xaneiro).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntari@s

Ola a tod@s!!
Non sei que ía facer eu se non me axudaran tanto...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Exposición galiñas

Ola a tod@s!!
Non puxera ningunha foto da montaxe da exposición de galiñas. Tédela aquí:

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LIX

Ola a tod@s!!
Hoxe, 2 de abril, é oDía Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Tod@s coñecedes perfectamente aquela famosa galiña de Carlos Casares, verdade? Pois que saibades que ven de cumplir nada menos que 50 anos!!! 
Ben merecía tal ocasión un recoñecemento por tantos bos momentos  que fixo  pasar (e fai e fará)  a diferentes xeracións de nenos e nenas.
Que fermoso conto, verdade?
Queredes escoitalo outra vez?

E, coma homenaxe, e coa axuda das  familias, as nenas e os nenos crearon as súas propias galiñas. Son azuis, claro.
Mirade que exposición tan chula.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Seguimos contando contos

Ola a tod@s!!

Somos Contacontos! 
Aquí tedes a Álex, unha vez máis, repetindo a experiencia de compartir a Hora de Ler, coas nenas e os nenos da clase de Infantil.

Non sabedes canto me gusta ver como desfrutan xunt@s!



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Fene lendo mulleres

Ola a tod@s!!
   Non me acordara de contar que levei unha alegría moi grande o día que o Concello nos comunicou que ía retomar a actividade de FenelendoMulleres.
 Eran xa moitos anos os que levabamos desfrutando moitísimo ese día, así que, cando non se fixo, sentimos moita mágoa (o rato e máis eu, pero tamén as nenas, os nenos e @s prof@s tod@s de Os Casais).
   Que ben que cambiaran de idea!

                                                                  Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mulleres, galegas e poetas

Ola a tod@s!!
   Ben sabedes que este curso as bibliotecas escolares estamos prestando unha atención especial á poesía. Por iso, para celebrar o 8 de marzo, traballamos algunhas das nosas poetas. Tivemos que escoller só 8 entre as moitísimas que, afortunadamente, temos na actualidade. Tocoulle a estas que podedes ver no mural.
Sei que vos gustou moito facer este traballo, porque vos encanta realizar actividades nas que participades tod@s.
Se ata algún curso queixouse de que se lles fixo pouco!!!
Sodes fantástic@s!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes