No Nadal adopta un libro

 Menos mal que o fixeron el@s!!!
O que? Quen? Preguntaredes.
   Pois nin máis nin menos que unha actividade de "adopción" de libros, que pode parecer que non, pero da moito traballo. Hai que seleccionar os libros, colocalos, recibir a tod@s @s nenos e nenas do colexio, escribirlles a dedicatoria no libro escollido, cuñalo, envolvelo... Uf!!!
    Quen pensades que se ocupou de todo isto? 
    @s voluntari@s!
    O rato e máis eu non sabemos como agradecérllelo. Ben, falar, xa falamos co Apalpador a ver se pode ser xeneroso con el@s, porque ben que o merecen. Ou non? 





Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

O Apalpador

Ola a tod@s!!
Pensabades que non ía vir? Pois claro que veu!
Nestas datas sempre recibimos ao noso querido Apalpador, ese máxico carboeiro que reparte castañas e xoguetes de madeira ás nenas e os nenos da nosa terra.






Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Conferencia sobre os indianos

Ola a tod@s!!
Quero falarvos doutra actividade que tivemos. Desta vez non celebrada na biblioteca, senón na magnífica aula indiana que recrearon as nosas mamás-artistas da ANPA, para conmemorar o centenario destas escolas fenesas, que, como sabedes está a celebrar o Concello.


 A que parece de verdade? @s nos@s pequen@s igual non acertan a velo, pero máis de un avó ou avoa seguro que si. Eu, que son unha gata lonxeva e xa andei moito polo mundo, podo asegurar que non é moi diferente  daquela na que iniciei as miñas primeiras aventuras bibliotecarias.
   Aquí foi onde asistimos a unha conferencia a cargo de Javier Vilasánchez, mestre xubilado, que veu falarnos non só das escolas dos emigrantes e a súa importancia, senón tamén doutras moitas cousas: as vivendas, os cines, os salóns...
 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ignacio Iglesias Villanueva

    Tivemos a honra de recibir na nosa biblioteca a Ignacio Iglesias Villanueva; para nós Nacho, xa que impartiu aulas neste cole hai un par de cursos.
 Como ben saberedes é árbitro de Fútbol, da Primeira División. Foi diso do que veu falar: de deporte, de fútbol, da arbitraxe...
   Foi un día especial para todos, no que nos sentimos moi content@s; en especial aqueles que foron alumn@s seus. E as súas ex-compañeiras tamén, claro.
   A súa charla foi moi amena e interesantísima. Fútbol, como non! E a súa compañía un auténtico placer.




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Exposición sobre os Dereitos

  A finais de novembro, tempo de celebrar tanto o 20 de novembro, Día dos Dereitos da Infancia, como o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos, preparamos unha selección de textos sobre esta temática para expoñelos na biblio e facilitar o seu empleo nas aulas.


    Estes libros resultáronlles moi interesantes.

 
 
 
 

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Alumnado Voluntario

Ola a tod@s!!
   Estou moi contenta! Cando lle propuxemos ás nenas e aos nenos de 5º e 6º se alguén quería colaborar voluntariamente na biblioteca, non houbo ninguén que non dixera que si, a pesares de ter que perder o seu tempo de lecer do luns.
   Estas que vedes aquí son as súas acreditacións.





Mirade que fachendos@s están, estreando os seus novos chaleques identificativos!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Mercadiño Solidario

   Como somos  nenas e nenos solidarios e o rato e máis eu tamén o somos, decidimos aproveitar o Samaín para montar un mercadiño de libros solidario en favor da Cociña Económica.
 
    Foi un éxito rotundo: as nenas e os nenos de 5º e 6º traballaron arreo para teren todo preparado para a mañán da celebración do Samaín, atenderon ás ventas con alegría e entusiasmo e as familias mostráronse moi colaboradoras.

 Dende aquí o rato e máis eu
 damos as grazas a tod@s!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Samaín

   E, coa mesma, cando estabamos coa literatura oral, chegou o Samaín. O rato gordecho e mais eu nin tempo tivemos a botar unha soneca!
 
          Pero non perdemos un minuto para  meternos en fariña e celebrar esta festa que tanto nos gusta.  

O primeiro que fixemos foi rebuscar polos andeis e preparar unha exposición de libros de medo, porque sabemos que os desfrutades moito e é o acaído nestas datas, non?
 Atopamos libros con vampiros, pantasmas, bruxas, escuridade, sombras, monstros tenebrosos... Medos de todo tipo para que cadaquén escolla o que lle pareza máis arrepiante, ou menos, que non tod@s somos valentes, ou si?
    Así e todo, non íamos traballar so nós e decidimos que ben podían tod@s escribir o inicio dunha historia de medo como fixen eu.
 
    Todo o mundo colleu papel e lapis e deixou voar a imaxinación. E foi así como o noso corredor apareceu cheo de historias para completar.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Semana da Literatura de Tradición Oral

Ola a tod@s!!
   Cando remataba outubro puxémonos a organizar a Semana de Tradición Oral. Si, esa na que queremos que participen as familias. Temos a sorte de contar sempre con mamás e papás voluntari@s! Ben pouc@s, por certo. Quereriamos que foran moitas máis as persoas que se achegaran ao centro a compartir con vós estas tradicións tan fermosas e tan nosas: lagoas encantadas, mouras e mouros, tesouros agochados, santa Compaña, Urco, aldeas asolagadas, fontes, a Estadea, home do saco, ánimas, listísimas raposas, cruceiros, Pedro Chosco,nubeiros... unha chea de contos e historias que foron de boca en boca de xeración en xeración na nosa terra.



 Moitísimas grazas aos tres!!!

   Tan ben se portaron tod@s, e tanto interese demostraron que non so foron merecedores de agasallo @s nos@s colaborador@s, senón tamén todo o alumnado.
 

   Se queredes saber máis sobre a importante tradición oral galega non dubidedes en consultar estas páxinas:

http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=11&n=literatura_oral, http://www.orellapendella.org/ , http://www.galiciadigital.com/pcd/Biblioteca/narrativa/contos/vellos_pra_nenos/home_contos_vellos.html , http://www.lendas.galiciaespallada.com.ar/lendas_corunesas.htm, )

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes