Quero falarvos doutra actividade que tivemos. Desta vez non celebrada na biblioteca, senón na magnífica aula indiana que recrearon as nosas mamás-artistas da ANPA, para conmemorar o centenario destas escolas fenesas, que, como sabedes está a celebrar o Concello.
A que parece de verdade? @s nos@s pequen@s igual non acertan a velo, pero máis de un avó ou avoa seguro que si. Eu, que son unha gata lonxeva e xa andei moito polo mundo, podo asegurar que non é moi diferente daquela na que iniciei as miñas primeiras aventuras bibliotecarias.
Aquí foi onde asistimos a unha conferencia a cargo de Javier Vilasánchez, mestre xubilado, que veu falarnos non só das escolas dos emigrantes e a súa importancia, senón tamén doutras moitas cousas: as vivendas, os cines, os salóns...
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario