Como somos nenas e nenos solidarios e o rato e máis eu tamén o somos, decidimos aproveitar o Samaín para montar un mercadiño de libros solidario en favor da Cociña Económica.
Foi un éxito rotundo: as nenas e os nenos de 5º e 6º traballaron arreo para teren todo preparado para a mañán da celebración do Samaín, atenderon ás ventas con alegría e entusiasmo e as familias mostráronse moi colaboradoras.
Dende aquí o rato e máis eu
damos as grazas a tod@s!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario