Samaín

   E, coa mesma, cando estabamos coa literatura oral, chegou o Samaín. O rato gordecho e mais eu nin tempo tivemos a botar unha soneca!
 
          Pero non perdemos un minuto para  meternos en fariña e celebrar esta festa que tanto nos gusta.  

O primeiro que fixemos foi rebuscar polos andeis e preparar unha exposición de libros de medo, porque sabemos que os desfrutades moito e é o acaído nestas datas, non?
 Atopamos libros con vampiros, pantasmas, bruxas, escuridade, sombras, monstros tenebrosos... Medos de todo tipo para que cadaquén escolla o que lle pareza máis arrepiante, ou menos, que non tod@s somos valentes, ou si?
    Así e todo, non íamos traballar so nós e decidimos que ben podían tod@s escribir o inicio dunha historia de medo como fixen eu.
 
    Todo o mundo colleu papel e lapis e deixou voar a imaxinación. E foi así como o noso corredor apareceu cheo de historias para completar.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario