Sementando lectura

Ola a tod@s!!


Ta-ta-ta-chán!!! Atención, atención: que estreamos recuncho novo!! 

O Rato e máis eu vimos de prantar unha horta. De leitugas?? Nooooon! De libros, por suposto. É que esta nova iniciativa chámase: "Sementando lectura". 


Esta vez, pensamos nos papás e mamás, nos tíos e tías, avós e avoas, na conserxería, no servizo de limpeza, nos profes... e en tódol@s adult@s que pasan polo cole e forman parte da comunidade educativa. Isto é só para vós.

Como funciona? Moi sinxelo:

1. Pásate polo recuncho "Sementado lectura", na entrada do cole, ao lado do sofá vermello.




2. Escolle un libro que che apeteza ler. Difícil decisión!! Lembra que antes de levalo debes deixar outro libro a cambio (un que che pareza que os demáis poidan ter interés en ler, claro, nada de deixar tomos de enciclopedia!!!)

3. Colle unha pegatina "Sementando lectura" da caixa amarela.


4. Pégaa no libro que vas deixar na estantería. Así:


5. Divírtete coa túa lectura e, cando remates libera o libro de novo no noso recuncho ou en algún outro punto de "Bookcrosing" ou similar. Se queres coñecer os puntos oficiais de intercambio libre de lecturas, fai clic aquí, pero hai moitos máis!! 

Esperamos que vos guste e que vos animedes a sementar moitas lecturas.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Abril, mes do libro

Ola a tod@s!!


Bang!!! Disparo de saída para o comezo do mes do libro na biblio "Paula Carballeira".

A carreiras andamos o Rato Gordecho e máis eu argallando tódalas sorpresas que temos preparadas para o mes máis importante do ano. Comezamos??  

Este mes a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) propúxonos facernos un "selfie" co noso libro favorito a fin de conmemorar o 2 de abril (Día Internacional do Libro Infantil). Así que tod@s puxemos a nosa mellor cara para saír na foto e aquí tendes o resultado:


Se o queredes ver con máis detalle, achegádevos ata o cole e buscade as fotos no panel da entrada. 

Tamén inauguramos exposición, porque ler encántanos, pero, que tal se nos da ser escritor@s?? Pois xenial!! Como todo o que nos propoñemos!

Para mostra, podedes visitar na Biblio a exposición: "Feito por nós: somos creador@s" Sómosche un cole con moita obra propia!



Xa vedes, nesta biblio temos lector@s, pero tamén grandes escritor@s. Ben feito a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes