Sementando lectura

Ola a tod@s!!


Ta-ta-ta-chán!!! Atención, atención: que estreamos recuncho novo!! 

O Rato e máis eu vimos de prantar unha horta. De leitugas?? Nooooon! De libros, por suposto. É que esta nova iniciativa chámase: "Sementando lectura". 


Esta vez, pensamos nos papás e mamás, nos tíos e tías, avós e avoas, na conserxería, no servizo de limpeza, nos profes... e en tódol@s adult@s que pasan polo cole e forman parte da comunidade educativa. Isto é só para vós.

Como funciona? Moi sinxelo:

1. Pásate polo recuncho "Sementado lectura", na entrada do cole, ao lado do sofá vermello.




2. Escolle un libro que che apeteza ler. Difícil decisión!! Lembra que antes de levalo debes deixar outro libro a cambio (un que che pareza que os demáis poidan ter interés en ler, claro, nada de deixar tomos de enciclopedia!!!)

3. Colle unha pegatina "Sementando lectura" da caixa amarela.


4. Pégaa no libro que vas deixar na estantería. Así:


5. Divírtete coa túa lectura e, cando remates libera o libro de novo no noso recuncho ou en algún outro punto de "Bookcrosing" ou similar. Se queres coñecer os puntos oficiais de intercambio libre de lecturas, fai clic aquí, pero hai moitos máis!! 

Esperamos que vos guste e que vos animedes a sementar moitas lecturas.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario