Bo Nadal a tod@s!!!

Ola a tod@s!!


Mirade que vídeo máis chulo preparamos @s meus amig@s e máis eu!




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Adeus a Neira Vilas

Ola a tod@s!!


O venres pasado quixemos facer un agarimoso homenaxe a Neira Vilas tras o seu falecemento o 27 de novembro.





Lemos pedazos das súas obras máis coñecidas e rematamos cun grande aplauso.





Tamén nos lembramos do seu personaxe máis famoso: Balbino e levamos pegatinas na súa honra.





Que quen é Balbino?  Para iso tes que ler "Memorias dun neno labrego". Pero tampouco podes perder de ler "Espantallo amigo", "O cabaliño de buxo", "A Marela Taravela"...

Queres saber máis? Pois dalle ao rato (ao do ordenador, ao Gordecho ímolo deixar que está durmindo...)



Botarémoste de menos...


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes