Xornadas Clubs de Lectura

Ola a tod@s!!
   O día 29 celebráronse en Santiago de Compostela as Xornadas dos Clubs de Lectura. Alí estivo o profe Jesús, quen probablemente recolleu boas ideas para incorporar aos nosos propios clubs.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
   O mércores 22, o grupo de voluntariado de biblioteca desprazouse ata a Residencia de Laraxe para agasallar ás persoas usuarias da mesma cunha representación do conto Dez gatiñas viaxeiras, de Eva Mejuto. Momentos como os que  pasamos alí, tanto os maiores como os pequenos, son dun valor incalculable. 
Bravo, rapazada! Sodes incríbeis!Miau!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Primavera

Ola a tod@s!!
   Grazas, familias, por colaborar para que a nosa Rede das Estacións quedase así de preciosa vestida de primavera.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Troco de libros

Ola a tod@s!!
   Este curso, con ocasión do Día do Libro, organizamos unha actividade nova. Resultou un pouco máis caótica do que debería; era a primeira vez, e a inexperiencia, xa se sabe... Hai que aprender dos erros. Pero, pese a todo, resultou un éxito rotundo. De seguro que o próximo ano, todo irá un pouco máis rodado. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes