Algúns contos son vellos, vellísimos; tan vellos coma a Lúa ou coma o Sol, tan vellos coma a avoa da túa avoa, tan vellos coma o bocadillo de chourizo e os ovos con patacas! Pensaches algunha vez cal foi o primeiro neno ou nena que escoitou por primeira vez o conto de "Carrapuchiña Vermella" ou o dos "Tres porquiños e o Lobo Feroz"?
Hai uns días celebramos na Biblio a Semana da literatura oral, e viñeron as mamás a contarnos contos que xa as súas avoas lles contaran a elas e a estas as súas mamás e así ao longo do tempo.
Moitas grazas a Pilar, Cristina e Noe, que sempre gardan un chisquiño do seu tempo para a nosa Biblio.
Ademáis de escoitar atentamente, tamén os maiores lle leron contos aos pequenos.
E preguntome eu...quen inventaría ese conto tan vello de que os gatos negros dan mala sorte...?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario