Ola a tod@s:
Aquí tedes unha nova reportaxe dos protagonistas do cole estos días, @s nen@s?? Non!!! Os libros!
MICA-REPORTEIRA: Ola, Manuela!
MANUELA: Ola!
MICA-REPORTEIRA: Que libro nos trouxeches?
MANUELA: "Tita"
MICA-REPORTEIRA: Tita? Así sen máis? Que nome máis curtiño! E como se chama a autora?
MANUELA: Chámase Concha Blanco.
MICA-REPORTEIRA: De que vai este libro?
MANUELA: Resulta que un día desaparece a avoa de Tita, pero ela descubre que en realidade non desapareceu, senón que está vivindo nun asilo. Alí a avoa coñece ao seu mozo e marchan os dous a vivir no piso de arriba de Tita.
MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
MANUELA: Porque me recorda á miña avoa e porque é un libro de intriga e paréceme divertido.
MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ser coma Tita e pasar aventuras coma ela?
MANUELA: Si, sería divertido, ainda que tamén un pouco triste, porque Tita pásao un pouco mal.
MICA-REPORTEIRA: Por que recomendarías aos demais este libro?
MANUELA: Porque a min gustoume moito e porque me parece intrigante.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario