Entrevistas gatunas: O libro favorito de Xiao.


Ola a tod@s:


Aquí Mica-Reporteira cunha entrevista fresquiña, atención ás recomendacións de Xiao:




MICA-REPORTEIRA: Ola Xiao! Que nos traes?
XIAO: Traio un libro titulado "Busca fieras - EPOS: el pájaro en llamas", o número seis da colección.

MICA-REPORTEIRA: Así que é dunha colección.
XIAO: Si, en total son 18 libros, máis dous especiais; de momento, non sei se publicarán máis.

MICA-REPORTEIRA: Como se chama o autor?
XIAO: Adam Blade.

MICA-REPORTEIRA: Liches o resto dos libros da colección?
XIAO: Si, linos todos e encantoume a colección.

MICA-REPORTEIRA: Pero o teu favorito é este, por que?
XIAO: Porque trata sobre a miña fera favorita, que é coma un Fénix, ademais, este é coma o derradeiro libro da primeira temporada. En total serían tres temporada.

MICA-REPORTEIRA: E é todo de aventuras, non? Quen é @ protagonista?
XIAO: Un neno que se chama Tom, que ten 13 anos e é orfo, vive cos seus tíos. Un día o rei descobre que é fillo do mellor guerreiro da cidade e encoméndalle unha misión, ten que ir buscar ás feras e derrotalas. 

MICA-REPORTEIRA: Por que o recomendarías?

XIAO:  Porque é de aventuras e é moi entretido. A min regaláronmo en verán e paseino na miña habitación lendo toda a colección. Ademais son libros non moi grandes e doados de ler.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario