Hoxe, 2 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. Non é unha data calquera, ese mesmo día en 1967 nacía Hans Christian Andersen en Dinamarca. QUE QUEN É ESE???? Coñecédelo seguro!! Seguro que listes, ou alguén vos contou algunha vez:
O PARRULIÑO FEO
O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
A SEREIÑA
XAN E O LOBO
...E MOITOS MÁIS (ARREDOR DE 168 CONTOS!)
Xa sabedes que na Biblio "Paula Carballeira" somos moi festeiros, o Rato Gordecho e máis eu non deixamos escapar unha! Así que este més, no que tamén celebramos o "Día Internacional do Libro", temos moita festa por diante.
Supoño que xa leríades a miña carta e estaredes a prepararvos, non? Ese día estabas enferm@? Non estabas atent@ na clase? Pois baixa do teu planeta e bótalle unha ollada ás cartas deste mes, e non só ti, este mes hai festa para a toda a familia, así que avisa a papá, mamá, avós, avoas, tías, tíos...que se poñan mans á obra!
(fai clic para ler as miñas cartas)
Que tal un contiño para despedírmonos? Deixovos con este corto do Soldadiño de chumbo "made in Galicia":
O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental
Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde,
recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto),
celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que
tivo lugar en Guijuelo (Madrid)
Miañadiñas e ronroneos
Mica Bigotes
A min encántame A Sereíña, con esa cola tannnnn saborosa!!!.Mnnnnn...quero dicir...é un conto precioso, anque triste
ResponderEliminar