Abril é o mes do libro na nosa biblio, e iso xa se empeza a notar polos corredores, e senón, que llo digan @s alumn@s de 5º que andaban a correr dun lado a outro co seu libro favorito: "Eu quero que me entrevisten!!! A min, a min!!!". Escoitando os seus desexos, aquí tendes a primeira entrevistada: Alma.
MICA-REPORTEIRA: Cóntanos, Alma, cal é o teu libro favorito?
ALMA: "Bambi"
MICA-REPORTEIRA: Moi ben, e de quen é ese libro?
ALMA: É de Jordi Busquets
MICA-REPORTEIRA: Pero..."Bambi" tamén é dunha película de Disney, non si?
ALMA: Si!
MICA-REPORTEIRA: Tamén che gusta a película?
ALMA: Si, é moi boa!
MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
ALMA: Porque ten un final feliz, ao final triunfa o amor.
MICA-REPORTEIRA: Que bonito! Moitas grazas, Alma
ALMA: De nada, adeus.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
En realidade, o libro orixinal de Bambi é dun autor austriaco, Felix Salten. Pero Bambi tivo tanto éxito despois da película de Disney, que se fixeron unha chea de adaptacións. Por certo, sabedes que Felix Salten escribíu unha "continuación" para Bambi?. Non tan longa coma as sagas vampíricas...
ResponderEliminar