Ola a tod@s!!
Neste 25-N contamos coa presenza dunha invitada moi especial para nós: a gran artista Carme Romero, quen veu inaugurar a exposición da súa autoría: Serea de cores. Esta exposición de cerámica artística e ilustración está centrada na igualdade, na sororidade e no importante papel das mulleres.
