Premio do Voluntariado 25-26

Ola a tod@s!!
   Grazas ao premio conseguido polos voluntarios e voluntarias de biblioteca do curso pasado, o martes 24 recibimos na nosa biblioteca a Marta Ortiz, de Charlatana. Realizamos con ela un obradoiro de Teatro da Oprimida. 
   Dime o Rato que non sabe que é isto... Explícome: é un sistema de exercicios, xogos e técnicas teatrais que busca axudar ás persoas no seu desenvolvemento. Axuda a entendérmonos mellor a nós mesmos e ao noso tempo. O obxectivo é coñecer mellor o mundo para poder transformalo.
   Nesta sesión os nenos e nenas, a través destas dinámicas de teatro social, reflexionaron sobre os  roles de xénero, identificaron situacións de desigualdade e diferentes tipos de violencia de xénero. 
   Así que, pola miña parte, de novo, parabéns, rapazada, por este premio tan merecido. E grazas polo voso traballo solidario.  Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Ningún comentario:

Publicar un comentario