Contos de Lobicán

Ola a tod@s!!
   O xoves, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de Primaria achegáronse a Narón para asistir a unha representación teatral da compañía Redrum Teatro.
   A obra foi Os Contos de Lobicán, incluída na Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil do Padroado da Cultura do Concello de Narón, na que participamos moitos centros da comarca. Esta iniciativa ten como obxectivo principal actuar como axente socializador, permitindo o aceso de novos públicos ao mundo das artes escénicas.
     Estes nenos e nenas tan pequenos viven esta experiencia con moita ilusión, expectación e asombro. Para algúns é a súa primeira vez e móstranse verdaderamente emocionados.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario