Entrevistas gatunas: O libro favorito de Jennis


Ola a tod@s:







MICA-REPORTEIRA: Ola, como te chamas?
JENNIS: Chámome Jennis.


MICA-REPORTEIRA: E de que curso eres, Jennis?
JENNIS: De primeiro de Primaria.


MICA-REPORTEIRA: Cal é o teu libro favorito?
JENNIS: La carrera de los animales.


MICA-REPORTEIRA: Sabes quen o escribeu?
JENNIS: É de Disney.


MICA-REPORTEIRA: De que fala este libro?
JENNIS:Dunha carreira na que participan varios animais: unha tartaruga, un cervo...


MICA-REPORTEIRA: E quen gaña? Hai algún gañador?
JENNIS: Si, gaña a lebre.


MICA-REPORTEIRA: A lebre? Seguro?
JENNIS: Si!

MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
JENNIS: Porque me gustan os animais e as carreiras.


MICA-REPORTEIRA: E sabes que hai outro conto no que a que gaña é a tartaruga?
JENNIS: Si.


MICA-REPORTEIRA: A ti que che gusta máis, que gañe a lebre ou a tartaruga?
JENNIS: Gústame máis que gañen todos!




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Xiao.


Ola a tod@s:


Aquí Mica-Reporteira cunha entrevista fresquiña, atención ás recomendacións de Xiao:




MICA-REPORTEIRA: Ola Xiao! Que nos traes?
XIAO: Traio un libro titulado "Busca fieras - EPOS: el pájaro en llamas", o número seis da colección.

MICA-REPORTEIRA: Así que é dunha colección.
XIAO: Si, en total son 18 libros, máis dous especiais; de momento, non sei se publicarán máis.

MICA-REPORTEIRA: Como se chama o autor?
XIAO: Adam Blade.

MICA-REPORTEIRA: Liches o resto dos libros da colección?
XIAO: Si, linos todos e encantoume a colección.

MICA-REPORTEIRA: Pero o teu favorito é este, por que?
XIAO: Porque trata sobre a miña fera favorita, que é coma un Fénix, ademais, este é coma o derradeiro libro da primeira temporada. En total serían tres temporada.

MICA-REPORTEIRA: E é todo de aventuras, non? Quen é @ protagonista?
XIAO: Un neno que se chama Tom, que ten 13 anos e é orfo, vive cos seus tíos. Un día o rei descobre que é fillo do mellor guerreiro da cidade e encoméndalle unha misión, ten que ir buscar ás feras e derrotalas. 

MICA-REPORTEIRA: Por que o recomendarías?

XIAO:  Porque é de aventuras e é moi entretido. A min regaláronmo en verán e paseino na miña habitación lendo toda a colección. Ademais son libros non moi grandes e doados de ler.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Manuela


Ola a tod@s:

Aquí tedes unha nova reportaxe dos protagonistas do cole estos días, @s nen@s?? Non!!! Os libros!




MICA-REPORTEIRA: Ola, Manuela!
MANUELA: Ola!

MICA-REPORTEIRA: Que libro nos trouxeches?
MANUELA: "Tita"

MICA-REPORTEIRA: Tita? Así sen máis? Que nome máis curtiño! E como se chama a autora?
MANUELA: Chámase Concha Blanco.

MICA-REPORTEIRA: De que vai este libro?
MANUELA: Resulta que un día desaparece a avoa de Tita, pero ela descubre que en realidade non desapareceu, senón que está vivindo nun asilo. Alí a avoa coñece ao seu mozo e marchan os dous a vivir no piso de arriba de Tita.

MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
MANUELA:  Porque me recorda á miña avoa e porque é un libro de intriga e paréceme divertido.

MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ser coma Tita e pasar aventuras coma ela?
MANUELA:  Si, sería divertido, ainda que tamén un pouco triste, porque Tita pásao un pouco mal.


MICA-REPORTEIRA: Por que recomendarías aos demais este libro?

MANUELA:  Porque a min gustoume moito e porque me parece intrigante.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: o libro favorito de Clara


Ola a tod@s:

Non dou feito!!! Cantos libros favoritos e que pouco tempo para falar deles! É que nada nos gusta máis que falar do que máis nos gusta. Hoxe é Clara de 1º a que nos conta que libro lle apetece sempre ler.




MICA-REPORTEIRA: Ola, como te chamas?

CLARA: Chámome Clara

MICA-REPORTEIRA: E de que curso eres, Clara?
CLARA: De 1º.

MICA-REPORTEIRA: Estás aquí co teu libro favorito, pódesnos dicir como se titula?

CLARA: "Bob Esponja va al médico"

MICA-REPORTEIRA: Pero...Bob Esponja tamén ten un programa de televisión, non si?
CLARA: Si

MICA-REPORTEIRA: Así que é moi famoso. Tamén ves o seu programa de TV?
CLARA: SI

MICA-REPORTEIRA: Por que che gusta tanto este libro?
CLARA: Porque me fai gracia.

MICA-REPORTEIRA: Faiche gracia? Por que? Que lle pasa a Bob Esponja neste libro?
CLARA: Está enfermo e ten que ir ao médico, pero Patricio mételle medo, dille que vai ter que esperar moito nunha sala de espera onde só hai revistas antigas.


MICA-REPORTEIRA: Ea ti: tamén che da medo ir ao médico?
CLARA: Non!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: o libro favorito de Lucía


Ola a tod@s:

Xa temos outra entrevista recén saída do forno, está vez é Lucía de 5º a que nos conta que libro lle roubou o corazón.





MICA-REPORTEIRA: Ola Lucía!

LUCÍA: Ola!

MICA-REPORTEIRA: Viñeches co teu libro favorito, non? Cal é?
LUCÍA: É "Kika superbruja revoluciona la clase"

MICA-REPORTEIRA: Quen é o autor dese libro?
LUCÍA: Chámase Knister.

MICA-REPORTEIRA: De que trata este libro?
LUCÍA: Pois porque vai dunha nena que atopa un libro de maxia debaixo da súa cama e dende ese momento gústalle moito facer conxuros. Despois leva o libro a clase e axuda á mestra a enfrentarse ao inspector

MICA-REPORTEIRA: Por que che gusta tanto este libro?
LUCÍA: Porque é moi divertido e Kika tamén é divertida

MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ter poderes coma Kika?
LUCÍA: Si, algún, de vez en cando.


MICA-REPORTEIRA: Hai máis libros de Kika Superbruxa, verdade? Liches algún máis?
LUCÍA: Si, lin algún máis, pero este é o que máis me gusta.


Sabías que...hai máis de 30 libros de "Kika Superbruja". O verdadeiro nome do autor é Ludger Jochmann, un escritor alemán que tamén escribeu outras series de libros coma "Yoko" ou "Quique y Lucas locopilotos".

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Adeus a Jose Luis Sampedro

Imaxe: http://biblospazos.blogspot.com.es/

"El tiempo no es oro; el oro no vale nada. El tiempo es vida"

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Lara.


Ola a tod@s:

Xa sabemos que estades coma tol@s esperando pola segunda entrevista, así que non vos faremos esperar máis. Aquí tendes a Lara, contándonos a súa millor experiencia como lectora.



MICA-REPORTEIRA: Dinos, Lara, cal é o teu libro favorito?
LARA: "Querido estupidiario: mis pantalones están hechizados"


MICA-REPORTEIRA: Que divertido, e quen é o autor?
LARA: É de Jim Menton.


MICA-REPORTEIRA: Este autor debe ser inglés, non?
LARA: Creo que si.


MICA-REPORTEIRA: Cóntanos: por que é o teu libro favorito?
LARA: Porque é divertido, trata dunha nena que conta a súa vida tal como é, e é gracioso.


MICA-REPORTEIRA: Cantos anos ten esa nena?
LARA: Non o di...

MICA-REPORTEIRA: E como se chama?
LARA: Vicky.


MICA-REPORTEIRA: E ti, sénteste identificada coa súa vida?
LARA: Non, non moito


MICA-REPORTEIRA: Moitas grazas, Lara.



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes








Entrevistas gatunas: O libro favorito de Alma.

Ola a tod@s:

Abril é o mes do libro na nosa biblio, e iso xa se empeza a notar polos corredores, e senón, que llo digan @s alumn@s de 5º que andaban a correr dun lado a outro co seu libro favorito: "Eu quero que me entrevisten!!! A min, a min!!!". Escoitando os seus desexos, aquí tendes a primeira entrevistada: Alma.



MICA-REPORTEIRA: Cóntanos, Alma, cal é o teu libro favorito?
ALMA: "Bambi"


MICA-REPORTEIRA: Moi ben, e de quen é ese libro?
ALMA: É de Jordi Busquets


MICA-REPORTEIRA: Pero..."Bambi" tamén é dunha película de Disney, non si?
ALMA: Si!


MICA-REPORTEIRA: Tamén che gusta a película?
ALMA: Si, é moi boa!


MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
ALMA: Porque ten un final feliz, ao final triunfa o amor.


MICA-REPORTEIRA: Que bonito! Moitas grazas, Alma
ALMA: De nada, adeus.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día internacional do libro infantil

Ola a tod@s!!

Hoxe, 2 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. Non é unha data calquera, ese mesmo día en 1967 nacía Hans Christian Andersen en Dinamarca. QUE QUEN É ESE???? Coñecédelo seguro!! Seguro que listes, ou alguén vos contou algunha vez: 

O PARRULIÑO FEO
                     
                O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
                                          
                                     O SOLDADIÑO DE CHUMBO

                                                                          A SEREIÑA

                                                                                   XAN E O LOBO

                      ...E MOITOS MÁIS (ARREDOR DE 168 CONTOS!)


Xa sabedes que na Biblio "Paula Carballeira" somos moi festeiros, o Rato Gordecho e máis eu non deixamos escapar unha! Así que este més, no que tamén celebramos o "Día Internacional do Libro", temos moita festa por diante. 
Supoño que xa leríades a miña carta e estaredes a prepararvos, non? Ese día estabas enferm@? Non estabas atent@ na clase? Pois baixa do teu planeta e bótalle unha ollada ás cartas deste mes, e non só ti, este mes hai festa para a toda a familia, así que avisa a papá, mamá, avós, avoas, tías, tíos...que se poñan mans á obra!

(fai clic para ler as miñas cartas)

Que tal un contiño para despedírmonos? Deixovos con este corto do Soldadiño de chumbo "made in Galicia":


O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid)

Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes