Pensando nesa carta...

Ola a tod@s!!

Xa está o Nadal ahí e ainda non sabes que lle pedir aos Reis?? Pois pide pouquiñas cousas, non abuses, que xa van maiores e teñen moito que cargar nas súas costiñas...

Un libriño sempre está ben, ocupa pouco espazo e ten horas de diversión garantizada, non necesita que o conectes á rede, que o recargues ou que lle compres pilas novas, é reciclable e reutilizable. Todo vantaxes!

Aquí tendes as nosas recomendacións, preparade  lapis e papel (ou xa se pode escribir a carta por mail...?)


Cal pensas pedir? Que libro recomendarías ti?


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ósos, non só no Samaín

Ola a tod@s!!


Hoxe, co gaio do "mes da biblioteca escolar"  e o seu lema "ler ciencia na escola" tivemos a grandísima sorte de que nos viñera a visitar Alicia Ester Serantes, Doctora en ciruxía veterinaria e profe na facultade de veterinaria de León. 




Coma o Samaín está moi perto, trouxonos obxectos...de medo?? Casi, casi: a biblio encheuse de esqueletes e osos de todo tipo de animais, e estívonos explicando por que os cabalos teñen só unha deda ou por que os machos de moitas especies "presumen" cos seus cornos e outros adornos. 



O caso é que ao final non pasamos ningún medo, pero si un bo rato e temos que agradecerllo moito, moitísimo!!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Mes da Biblioteca Escolar

Ola a tod@s!

Por fin abrimos a biblio e temos xa as mochilas preparadísimas para viaxar ata as vosas casas. O Rato estaba contentísimo, metíase dentro das mochilas, argallaba nos libros, volvía saír...tanto que case queda pechado dentro dunha delas!! Imaxinádevos que vos aparece na casa!


Como xa sabedes, en outubro estamos de celebración, porque é o mes das bibliotecas escolares, o lema deste ano é "ler ciencia na biblioteca escolar". Aquí tendes o cartel deste ano ilustrado por Patricia Castelao (se queredes saber máis facede clic to cartel ou no nome de Patricia). Así que, tócanos investigar e recordar un pouquiño, a próxima vez que vaias á biblioteca, fíxate ben en que recuncho están os libros de ciencias: bioloxía, zooloxía, botánica...Aínda que xa sabemos que estes libros vos gustan moito. 

Para celebrar este mes o rato e máis eu temos sorpresas "estelares", non vos despistedes!!!
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Asomando a patiña por debaixo da porta...

Ola a tod@s!!!
Benvid@s de novo!! Que tal as vacacións? Fostes moito á praia? E ás festas? Digo eu que algún libro leriades con tanto tempo libre, non? 

Eu lin un montón e non podo agardar a que vexades as novedades deste ano. Así que xa sabedes, non queda nada para poder levar libros á casa. 

Xa estou abrindo a porta, así que como di o conto: "Asoma a patiña por debaixo da porta"!

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes


Entrevistas gatunas: O libro favorito de Daniel



Ola a tod@s:







MICA-REPORTEIRA: Ola Daniel! Estás aquí para contarnos cal é o teu libro favorito, non si?
DANIEL: Si.


MICA-REPORTEIRA: Pois cóntanos cal é.
DANIEL: "Boas noites"



MICA-REPORTEIRA: Quen escribeu ese libro?
DANIEL: Paula Carballeira


MICA-REPORTEIRA: Paula Carballeira!!?? É a quen temos adicada a nosa biblio. Liches algún libro máis dela?
DANIEL: Non, este é o primeiro.


MICA-REPORTEIRA: Que tipo de obra é?
DANIEL: É unha obra de teatro.


MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
DANIEL: Porque me fai gracia. É unha nena á que non lle gusta ir á escola.


MICA-REPORTEIRA: Sínteste identificado con ela?
DANIEL: Si...


MICA-REPORTEIRA: A ti tampouco che gusta moito a escola...?
DANIEL: jaja...non moito...


MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ver esta obra representada?
DANIEL: Si!


MICA-REPORTEIRA: Por que recomendarías este libro?
DANIEL: Porque está moi ben, á xente vaille gustar moito.












Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño






Ola a tod@s!!!


Como xa sabedes, este ano, o Día das Letras Galegas, dedícase a Roberto Vidal Bolaño. Credes que sabedes moito sobre él? Amosádeo xogando con esta actividade lime que nos chega da man de http://aprendoenprimaria.blogspot.com.es/2013/05/letras-galegas-2013.html


Tes dúbidas?? Consulta nestas páxinas:

http://robertovidalbolano.org/es/

http://www.realacademiagalega.org/letras-actual

http://es.wikipedia.org/wiki/Roberto_Vidal_Bola%C3%B1o


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

A primeira "libernauta" de Os Casais.

 Ola a tod@s!!!

Aquí tendes a nosa primeira libernauta. Que emoción  viaxar polo "liberespazo"!!!! Non si, Antía?




Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Jennis


Ola a tod@s:







MICA-REPORTEIRA: Ola, como te chamas?
JENNIS: Chámome Jennis.


MICA-REPORTEIRA: E de que curso eres, Jennis?
JENNIS: De primeiro de Primaria.


MICA-REPORTEIRA: Cal é o teu libro favorito?
JENNIS: La carrera de los animales.


MICA-REPORTEIRA: Sabes quen o escribeu?
JENNIS: É de Disney.


MICA-REPORTEIRA: De que fala este libro?
JENNIS:Dunha carreira na que participan varios animais: unha tartaruga, un cervo...


MICA-REPORTEIRA: E quen gaña? Hai algún gañador?
JENNIS: Si, gaña a lebre.


MICA-REPORTEIRA: A lebre? Seguro?
JENNIS: Si!

MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
JENNIS: Porque me gustan os animais e as carreiras.


MICA-REPORTEIRA: E sabes que hai outro conto no que a que gaña é a tartaruga?
JENNIS: Si.


MICA-REPORTEIRA: A ti que che gusta máis, que gañe a lebre ou a tartaruga?
JENNIS: Gústame máis que gañen todos!




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Xiao.


Ola a tod@s:


Aquí Mica-Reporteira cunha entrevista fresquiña, atención ás recomendacións de Xiao:




MICA-REPORTEIRA: Ola Xiao! Que nos traes?
XIAO: Traio un libro titulado "Busca fieras - EPOS: el pájaro en llamas", o número seis da colección.

MICA-REPORTEIRA: Así que é dunha colección.
XIAO: Si, en total son 18 libros, máis dous especiais; de momento, non sei se publicarán máis.

MICA-REPORTEIRA: Como se chama o autor?
XIAO: Adam Blade.

MICA-REPORTEIRA: Liches o resto dos libros da colección?
XIAO: Si, linos todos e encantoume a colección.

MICA-REPORTEIRA: Pero o teu favorito é este, por que?
XIAO: Porque trata sobre a miña fera favorita, que é coma un Fénix, ademais, este é coma o derradeiro libro da primeira temporada. En total serían tres temporada.

MICA-REPORTEIRA: E é todo de aventuras, non? Quen é @ protagonista?
XIAO: Un neno que se chama Tom, que ten 13 anos e é orfo, vive cos seus tíos. Un día o rei descobre que é fillo do mellor guerreiro da cidade e encoméndalle unha misión, ten que ir buscar ás feras e derrotalas. 

MICA-REPORTEIRA: Por que o recomendarías?

XIAO:  Porque é de aventuras e é moi entretido. A min regaláronmo en verán e paseino na miña habitación lendo toda a colección. Ademais son libros non moi grandes e doados de ler.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Manuela


Ola a tod@s:

Aquí tedes unha nova reportaxe dos protagonistas do cole estos días, @s nen@s?? Non!!! Os libros!




MICA-REPORTEIRA: Ola, Manuela!
MANUELA: Ola!

MICA-REPORTEIRA: Que libro nos trouxeches?
MANUELA: "Tita"

MICA-REPORTEIRA: Tita? Así sen máis? Que nome máis curtiño! E como se chama a autora?
MANUELA: Chámase Concha Blanco.

MICA-REPORTEIRA: De que vai este libro?
MANUELA: Resulta que un día desaparece a avoa de Tita, pero ela descubre que en realidade non desapareceu, senón que está vivindo nun asilo. Alí a avoa coñece ao seu mozo e marchan os dous a vivir no piso de arriba de Tita.

MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
MANUELA:  Porque me recorda á miña avoa e porque é un libro de intriga e paréceme divertido.

MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ser coma Tita e pasar aventuras coma ela?
MANUELA:  Si, sería divertido, ainda que tamén un pouco triste, porque Tita pásao un pouco mal.


MICA-REPORTEIRA: Por que recomendarías aos demais este libro?

MANUELA:  Porque a min gustoume moito e porque me parece intrigante.


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: o libro favorito de Clara


Ola a tod@s:

Non dou feito!!! Cantos libros favoritos e que pouco tempo para falar deles! É que nada nos gusta máis que falar do que máis nos gusta. Hoxe é Clara de 1º a que nos conta que libro lle apetece sempre ler.




MICA-REPORTEIRA: Ola, como te chamas?

CLARA: Chámome Clara

MICA-REPORTEIRA: E de que curso eres, Clara?
CLARA: De 1º.

MICA-REPORTEIRA: Estás aquí co teu libro favorito, pódesnos dicir como se titula?

CLARA: "Bob Esponja va al médico"

MICA-REPORTEIRA: Pero...Bob Esponja tamén ten un programa de televisión, non si?
CLARA: Si

MICA-REPORTEIRA: Así que é moi famoso. Tamén ves o seu programa de TV?
CLARA: SI

MICA-REPORTEIRA: Por que che gusta tanto este libro?
CLARA: Porque me fai gracia.

MICA-REPORTEIRA: Faiche gracia? Por que? Que lle pasa a Bob Esponja neste libro?
CLARA: Está enfermo e ten que ir ao médico, pero Patricio mételle medo, dille que vai ter que esperar moito nunha sala de espera onde só hai revistas antigas.


MICA-REPORTEIRA: Ea ti: tamén che da medo ir ao médico?
CLARA: Non!



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Entrevistas gatunas: o libro favorito de Lucía


Ola a tod@s:

Xa temos outra entrevista recén saída do forno, está vez é Lucía de 5º a que nos conta que libro lle roubou o corazón.





MICA-REPORTEIRA: Ola Lucía!

LUCÍA: Ola!

MICA-REPORTEIRA: Viñeches co teu libro favorito, non? Cal é?
LUCÍA: É "Kika superbruja revoluciona la clase"

MICA-REPORTEIRA: Quen é o autor dese libro?
LUCÍA: Chámase Knister.

MICA-REPORTEIRA: De que trata este libro?
LUCÍA: Pois porque vai dunha nena que atopa un libro de maxia debaixo da súa cama e dende ese momento gústalle moito facer conxuros. Despois leva o libro a clase e axuda á mestra a enfrentarse ao inspector

MICA-REPORTEIRA: Por que che gusta tanto este libro?
LUCÍA: Porque é moi divertido e Kika tamén é divertida

MICA-REPORTEIRA: Gustaríache ter poderes coma Kika?
LUCÍA: Si, algún, de vez en cando.


MICA-REPORTEIRA: Hai máis libros de Kika Superbruxa, verdade? Liches algún máis?
LUCÍA: Si, lin algún máis, pero este é o que máis me gusta.


Sabías que...hai máis de 30 libros de "Kika Superbruja". O verdadeiro nome do autor é Ludger Jochmann, un escritor alemán que tamén escribeu outras series de libros coma "Yoko" ou "Quique y Lucas locopilotos".

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Adeus a Jose Luis Sampedro

Imaxe: http://biblospazos.blogspot.com.es/

"El tiempo no es oro; el oro no vale nada. El tiempo es vida"

Entrevistas gatunas: O libro favorito de Lara.


Ola a tod@s:

Xa sabemos que estades coma tol@s esperando pola segunda entrevista, así que non vos faremos esperar máis. Aquí tendes a Lara, contándonos a súa millor experiencia como lectora.



MICA-REPORTEIRA: Dinos, Lara, cal é o teu libro favorito?
LARA: "Querido estupidiario: mis pantalones están hechizados"


MICA-REPORTEIRA: Que divertido, e quen é o autor?
LARA: É de Jim Menton.


MICA-REPORTEIRA: Este autor debe ser inglés, non?
LARA: Creo que si.


MICA-REPORTEIRA: Cóntanos: por que é o teu libro favorito?
LARA: Porque é divertido, trata dunha nena que conta a súa vida tal como é, e é gracioso.


MICA-REPORTEIRA: Cantos anos ten esa nena?
LARA: Non o di...

MICA-REPORTEIRA: E como se chama?
LARA: Vicky.


MICA-REPORTEIRA: E ti, sénteste identificada coa súa vida?
LARA: Non, non moito


MICA-REPORTEIRA: Moitas grazas, Lara.



Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes








Entrevistas gatunas: O libro favorito de Alma.

Ola a tod@s:

Abril é o mes do libro na nosa biblio, e iso xa se empeza a notar polos corredores, e senón, que llo digan @s alumn@s de 5º que andaban a correr dun lado a outro co seu libro favorito: "Eu quero que me entrevisten!!! A min, a min!!!". Escoitando os seus desexos, aquí tendes a primeira entrevistada: Alma.



MICA-REPORTEIRA: Cóntanos, Alma, cal é o teu libro favorito?
ALMA: "Bambi"


MICA-REPORTEIRA: Moi ben, e de quen é ese libro?
ALMA: É de Jordi Busquets


MICA-REPORTEIRA: Pero..."Bambi" tamén é dunha película de Disney, non si?
ALMA: Si!


MICA-REPORTEIRA: Tamén che gusta a película?
ALMA: Si, é moi boa!


MICA-REPORTEIRA: Por que é o teu libro favorito?
ALMA: Porque ten un final feliz, ao final triunfa o amor.


MICA-REPORTEIRA: Que bonito! Moitas grazas, Alma
ALMA: De nada, adeus.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Día internacional do libro infantil

Ola a tod@s!!

Hoxe, 2 de abril celebramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL. Non é unha data calquera, ese mesmo día en 1967 nacía Hans Christian Andersen en Dinamarca. QUE QUEN É ESE???? Coñecédelo seguro!! Seguro que listes, ou alguén vos contou algunha vez: 

O PARRULIÑO FEO
                     
                O TRAXE NOVO DO EMPERADOR
                                          
                                     O SOLDADIÑO DE CHUMBO

                                                                          A SEREIÑA

                                                                                   XAN E O LOBO

                      ...E MOITOS MÁIS (ARREDOR DE 168 CONTOS!)


Xa sabedes que na Biblio "Paula Carballeira" somos moi festeiros, o Rato Gordecho e máis eu non deixamos escapar unha! Así que este més, no que tamén celebramos o "Día Internacional do Libro", temos moita festa por diante. 
Supoño que xa leríades a miña carta e estaredes a prepararvos, non? Ese día estabas enferm@? Non estabas atent@ na clase? Pois baixa do teu planeta e bótalle unha ollada ás cartas deste mes, e non só ti, este mes hai festa para a toda a familia, así que avisa a papá, mamá, avós, avoas, tías, tíos...que se poñan mans á obra!

(fai clic para ler as miñas cartas)

Que tal un contiño para despedírmonos? Deixovos con este corto do Soldadiño de chumbo "made in Galicia":


O soldadiño de chumbo , a curtametraxe producida por Continental Animación e Algarabía e dirixida por Virginia Curiá e Tomás Conde, recolleu sendos premios nos festivais Rec 09 (Ribadedeva en Corto), celebrado na localidade asturiana de Llanes e no Festival Pata Negra que tivo lugar en Guijuelo (Madrid)

Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

Día de Rosalía

Ola a tod@s!!

Esta semana a Academia de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, propúxonos celebrar o Día de Rosalía recitando varios dos seus poemas. Todo o mundo estaba nerviosísimo, incluidos o rato e máis eu, pero fixémolo moi ben, non si?





Ademáis estivemos moi atarefad@s buscando tódolos libros que tiñamos sobre a autora para que poidades ler e reler os poemas que máis vos gusten, cal é o teu preferido?



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes


Namoriscados da Cadeloria

Ola a tod@s!


Non escoitades aos paxariñ@s cantar? Están tod@s coas súas mellores galas e plumas, piando versiños amorosos. 

E vós? Seguro que vos lanzades miradiñas polos corredores do cole, e vos tirades unha hora diante do espello colocando eses pelos que non queren ir para o seu sitio...pensando n@ compañeir@ que vos ten toliñ@s...

Por que? Pois claro! O dous de febreiro celebramos a Candeloria, e o amor flota por todo o cole, incluso na biblio!! Eu creo que o rato se está a namoriscar dunha ratiña que ven comer ao patio...


Para festexar a Candeloria, temos que demostrar que nesta biblio temos amor para dar e regalar!! Amor e cariño para @s moz@s, mamás, papás, avós, avoas, irmáns, irmás, amig@s... para todos!! E como facemos iso? Moi doado, botade unha ollada á carta que aquí vos deixo e poñédevos mans á obra.




Queres saber máis da Candeloria? Pásate por estas páxinas e cóntanos o que aprendiches.



Miañadiñas e ronroneos

Mica Bigotes

Día da paz

Ola a tod@s!!

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ, e que mellor forma que con un conto! Coñecedes á Cebra Camila? Xa sabedes o que lle pasou? 





Miañadiñas e ronroneos.

Mica Bigotes

Fina Casalderrey

Ola a tod@s!!

Estamos de celebración! Non, non é o meu cumple...tampouco é o teu, Rato!!

Hoxe celebramos que Fina Casalderrey acaba de ser escollida pola RAG (Real Academia Galega) como académica. 

E quen é esa? Pois é a autora de moitos libros que de seguro coñecedes: "O misterio dos fillos da lúa", "O estanque dos parrulos pobres", "Bicos de prata"...


En fin, se non a coñecedes xa estades correndo á biblio a facervos cun dos seus libros. 

Podedes ler a noticia completa no blogue de Rede Lectura facendo clic na foto. Parabéns Fina Casalderrey!


Miañadiñas e ronroneos.

Mica Bigotes



Novidades 2013

Ola a tod@s!!!

Ano novo, propósitos novos, danos igual que este remate en 13, non somos supersticios@s, co bonitos que son os gatiños negros!!! O meu vai ser meter os bigotes nun montón de libros, aquí teño onde escoller!!



Pero cóntanos, que libros te propós ler este ano?

Miañadiñas e ronroneos
Mica Bigotes