A choiva obrigounos a mover as actividades. Nada novo, verdade? O que si resultou sorprendente foi que buscamos os libros do cemiterio antes de instalar as tumbas! Cousas veredes... miau! Pero os nosos nenos e nenas poden con todo. Quen dixo medo? E os equipos realizaron un traballo fantástico. Poucas pistas foron necesarias para descubrir os libros que buscaban. Se é que son do que non hai!
Parabens, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario