Hoxe pasarei o día cantando e bailando, que para algo é sábado, non? Nin teño que poñer a música; abonda hai nas casas veciñas para tod@s.
Este tempo está aprendéndonos o importante que é establecer lazos coa xente, o sinxelo que é sentírmonos xuntos con pequenos xestos, a forza que ten a unión para acadar un obxectivo común...
E que me decides do bosque? Sei de sobra que eu o teño fácil, que non todo o mundo conta cun privilexio como este, que permite que o meu confinamento sexa relaxado e saudable.
Se antes queríamos ao noso bosque, despois desta, non quedará outra que valorar a gran importancia que ten poder contar con espazos de contacto coa natureza. Non credes?
Estou no cole tan ricamente, ben vedes; pero vótovos moito de menos. Moito, moitísimo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario