Xa temos o tema para celebrar o Entroido. Foi elixido democraticamente. Aquí están os nosos nenos e nenas aprendendo democracia, participación e cidadanía. Eles deciden, porque son quen de facelo.
Desta vez imos ser os malos, as malvadas dos contos, dos comics, das películas, os bandidos, eses viláns e vilás de tantas e tantas historias sobradamente coñecidas.
Aviso: non quero a ninguén de gato ou gata, eh? Que somos unha especie animal bondadosa, amorosa, encantadora... Ou non?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario