23 de abril. Dia do Libro

Ola a tod@s!!

   Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a súa importancia como ferramenta cultural.

  Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
 A vida toda está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos ou simplemente imaxinamos...
   E por qué lemos?
-  En primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
-   porque outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
-   porque leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
-  porque desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun libro.


    Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro deste ano: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.

    E aos libros que lemos; por riba de todo aos nosos favoritos.

  Ronroneos e miañadiñas


Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario