Chegou a Poesía... ás árbores... a primavera... anque chova!

Ola a tod@s!!
   
   Queredes ver algunhas imaxes da actividade do cole nos últimos tempos, incluido o "espazo maker", no que tanto aprendemos coa robótica? Si? Pois estade moi atent@s...





   
  Había unha nena maior léndolles a nenos e nenas máis pequenos, verdade? Víchedela? Quen é?   E que est@s maiores seguen a ser contacontos. Encántalles!  E nin imaxinades canto desfruto eu mirando e escoitando dende o meu agocho segredo!

Si, tendes razón... é Clara.

  O Día da Poesía inauguramos A Árbore de Mica, na que tendimos ao sol os poemas que escribimos. Tamén recitamos.

 Ese mesmo día,  21 de marzo,  celebramos tamén outras cousas.
   En primeiro lugar, como esa é a data para lembrar ás persoas que teñen a síndrome de Down, sumámonos á iniciativa de levar os calcetíns desaparellados.
   Foi un pequeno xesto para visibilizar a diversidade e concienciar de que non debe convertirse en desigualdade.



   Como o 21 de marzo celébrase tamén o Día da Árbore, non só inauguramos a preciosa Árbore de Mica (que fixeron as nenas e os nenos de 5º e 6º), senón que tamén, da man do colectivo "Cousa de Raíces", reivindicamos a conservación dos bosques autóctonos.



   Nós enviamos dúas fotografías. A primeira, baixo esa fantástica árbore que vai ser dende hoxe o portal de entrada á Biblioteca; a segunda (como non facelo!) no noso marabilloso bosque, ao que tanto queremos.




   Para o 8 de Marzo fixemos algo moi especial: as mulleres das nosas familias leron de xeito continuado dúas fermosas historias dunha escritora galega.





   Mais non olvidamos que este curso Mica pideunos que fósemos artistas. Como nesas estamos: investigando, aprendendo e practicando, aprendendo todo de pintoras e pintores que foron ou son grandes artistas, tamén dedicamos o 8 de Marzo, de maneira especial, a algunhas pintoras galegas.



   Ademais, tivemos unha sesión de Contos pola Igualdade, que nos ofertou o Concello. Foi unha pena que, despois de tantos anos cancelaran a actividade Fene lendo mulleres, na que tanto nos gustaba participar.
   En troques veu ao noso cole, á nosa biblio, Marisa Irimia, narradora oral, ilustradora, animadora á lectura, actriz e historiadora da arte (miaaauuu!!!) cunha actividade titulada Rapazas de Conto.



  Miauuu, marramañau...!  Xa está lista a miña árbore! As nenas e os nenos de 5º e 6º fixeron ben o encargo que lles pedín. Mirade: é toda unha obra de arte! Ou non?



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario