Lembrando a Parallé

Ola a tod@s!!
   O sábado 18 de novembro catro alumn@s de 5º e 6º participaron no acto de entrega do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, que convoca, dende 1987, o Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene e vai dirixido a libros de poesía en galego de autores inéditos.
   O gañador deste ano foi o poeta ribeirán Carlos Lixó Gómez, coa obra Murallas de pedra sen cemento que duran para sempre.




   Miriam, Jaime, Jennis e Breixo falaron sobre Parallé. Contáronnos anécdotas, destacaron a súa implicación na vida cultural do entorno que lle tocou vivir, recuperaron a súa propia voz de rondallista, recordaron a súa obra poética... E recitaron.


    Fixeron unha actuación magnífica. Moitas das persoas que alí estaban achegáronse a el@s para felicital@s por tan elaborado traballo.

    Eu, Micabigotes, síntome moi afortunada e orgullosa de ser a súa gata bibliotecaria.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario