O martes, 24 de outubro, foi un día moi especial. Todas as nenas e nenos dos Casais (eu tamén, pero tan ben agochada que ninguén me viu) acudiron á Real Academia Galega para recoller o premio Primavera das Letras 2017.
Alí aprenderon en que consiste o traballo de arquivo (algúns ata tiveron ocasión de practicar) e a importancia da RAG.
Visitaron o museo de Emilia Pardo Bazán e descubriron importantes cousas da súa vida e obra.
Compartiron a xornada coa escritora Fina Casalderrey, con Víctor Freixanes, presidente da Academia, con Hâkan Casares, fillo de Carlos Casares, c@s nen@s e profesor@s dos outros coles premiados... e con Braulio.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario