Graffiti Rosalía - a fenda nos muros

Ola a tod@s!!

O mes pasado a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fíxonos o seguinte reto:


Rosalía de Castro é unha fenda.
Unha ferida aberta nas conciencias.
A voz que sempre nos asombra.

Querémola viva,
sabémola ceiba.

Querémola pola rúa,
nos barrios e nos arrabaldes,
nas aldeas e nas prazas,
nas fachadas brancas dos edificios.

Queremos que os seus versos nos invadan,
fender con eles o mutismo das paredes.
Para que a súa voz ilumine os muros.
Alta e clara como murmurio e como berro.
Por iso, convidámosvos a participar en graffitiRosalía.



E nós, por suposto, aceptámolo! Que si, que si, que estivemos pintando as paredes! (Non llo digades @s profes...). 




 Aínda nos queda un pouquiño por rematar, pero... a que está quedando chulísimo?



Aquí nos podedes ver traballando duramente:




Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Ningún comentario:

Publicar un comentario