Blogueando

Ola a tod@s!


Nunca vos pillastes un bigote nun libro? 


Xa sabedes que @s felin@s temos unha sensibilidade especial, cando collo un libro, non só o leo, tamén o apalpo cos bigotes, para imaxinarme quen o leu antes ou que aventuras me esperan . Que emocionantes son eses minutos nos que antes de abrir un libro para lelo, podes pensar de que tratará, fáiseme a boca auga! Despois, cando o leo, póñenseme os bigotes de punta (se é de medo ou de intriga), ou retórcense coa risa!  


O rato gordecho máis eu "deixámonos os bigotes" en moitos libros, e agora neste blogue para que tod@s sigades pasándoo ben coa biblio. Esperamos que vos guste.


Miañadiñas e ronroneos


Mica Bigotes

1 comentario:

  1. Miiiiaaauuuu.
    Pois non, eu nunca collín un bigote, i espero non collelo (iso quere dicir que non o teño (Noe)), je, je. Pero sí quero confesarche, Micabigotes, que grazas a tí, na nosa casa estase a ler máis que nunca ¿será que nos estamos a convertir en gatos??? Ai, vou mirar as unllas,a ver se me medraron!
    Xa nos tes, enganchados ó teu blogue.
    Marramiau.

    ResponderEliminar