Día de Rosalía 2025

Ola a tod@s!!
   Un ano máis celebramos o noso tradicional recital poético como homenaxe a Rosalía de Castro. De novo, sumámonos á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.  O lema escollido para este curso foi: #SaudeeTerra!
  O alumnado do 3ºciclo ocupouse de ler o manifesto; as familias que compartiron con nós tan fermosa celebración, recitaron poemas da autora xunto cos seus fillos ou fillas; algunhas puxéronlles música; todos e todas cantamos a canción que o voluntariado de biblioteca preparou coa axuda da IA e entregámoslle a Rosalía o noso corazón.
   E, por suposto, coma sempre, todos os nenos e nenas e todos os familiares presentes, recibiron un libro en galego e unha flor.
     O Rato estaba nervioso. Eu, tamén. Foi un día intenso, pero ben bonito.



                                                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Somos os monstros

Ola a tod@s!!
   Hoxe algúns dos nosos "monstros pequenos"  gravaron varias escenas da obra teatral "Somos os monstros", nada máis e nada menos que coa propia autora, a nosa querida madriña Paula Carballeira. Aprenderon de forma divertida, cousa ben sinxela con un "monstro grande" tan divertido e que tanto sabe.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lucas Ramada nos Casais

Ola a tod@s!!
   Hoxe a nosa biblio tivo o privilexio de recibir a Lucas Ramada, o máis grande experto en ficción dixital. Compartiu tempo e coñecementos cos nenos e nenas, coas familias e co profesorado. Somos todos principiantes (agás el, claro) e estamos iniciándonos nun medio no que é moito o que nos queda por aprender; facelo da man de quen máis sabe, danos a seguridade de que os pasos que imos dando poderán ser pequenos, pero serán correctos.
Grazas, Lucas, pola túa presenza, pola dispoñibilidade, cercanía e simpatía.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura, lectura e lectura.

Ola a tod@s!!
   Esta semana a profe Dely foi ler á clase de 4º de Primaria. Estas Horas de Ler diferentes gústanlles moito a todos os nenos e nenas, sen diferenzas de curso. Igual ten que sexan grandes ou pequenos; sempre reciben con agrado ao mestre ou mestra que chega de sorpresa. 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Creatividade

Ola a tod@s!!
   Co material dos Polos estamos dándolle novos pulos á creatividade. Aprenden, divírtense, investigan, crean... Marabilloso!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura e familias

Ola a tod@s!!
   Sempre é motivo de alegría e de moita satisfación para a nosa biblio cando as familias veñen compartir lecturas cos nenos e nenas. Cando veñen ler para os cursos máis altos, alegría e satisfación son dobres. Sabemos que é moitísimo máis difícil "atreverse". Así que, moitísimas grazas; un precer terte con nós.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Candeloria 2025

Ola a tod@s!!
   Este curso namoramos de... o teatro. Non podía ser doutra maneira, verdade?
(Lembrade que medio inverno está aínda por pasar)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes