IGUALDADE

Ola a tod@s!!
   Por cortesía do Consorcio Editorial Galego o noso alumnado participou na biblio nunha sesión de teatro con "A Xanela do Maxín. O título da actividade foi Rachando co guión, espectáculo que fomenta a igualdade a través do xogo dramático e no que as nenas e nenos , xunto con Celtia Figueiras, actuaron con títeres, convertíndose en parte activa do proceso artístico e de concienciación sobre as desigualdades de xénero.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro

Ola a tod@s!!
   Para festexar o Día do Libro tivemos tamén na nosa biblio unha función-obradoiro de teatro en inglés. Que ben o pasamos!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio Mil Primaveras

Ola a tod@s!!
 
 Hoxe o Rato e máis eu estamos moi contentos (por partida doble) porque a Real Academia Galega acaba de conceder o VI Premio Mil Primaveras ao proxecto de investigación e acción para a promoción do galego na infancia, que desenvolve en colaboración co concello de Ames: Modo Galego. Actívao!
  
Tamén foi recoñecida a empresa de deseño e fabricación de xogos de mesa en galego Brazolinda, 

Moitos destes xogos están na nosa biblio e recibir a Irimia no cole é sempre un pracer polos divertidos momentos que nos fai pasar.


   Do Modo Galego. Actívao! estamos xustamente agora participando na adaptación que nós facemos. Este galardón é un bo motivo para continuar con folgos renovados tras esta longa ponte.

   Dime o Rato Gordecho que tamén significa que estamos no bo camiño. Miau! Sabedes? O Rato éche un trasno, pero, ás veces, penso que é sabio. Miau!

Ronroneos e miañadiñas
 Mica Bigotes

A Gran Lectura

Ola a tod@s!!
   Choveu. Este curso éche todo así! Coa sempre, que isto é Galicia, di o Rato. E boa razón que ten. Mais non deixa de ser unha  pena non poder celebrar A Gran Lectura, un dos clásicos do noso cole, no exterior. Aínda así, esta actividade resultou todo un exito. A min encántame ver a todos tan contentos, gozando de estar xuntos, grandes e pequenos, pequenos e grandes, gozando da lectura, gozando cos libros.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

A casa da Mosca Chosca

Ola a tod@s!!
   Onte, 23 de abril, Día do Libro, os nenos e nenas que forman parte do Voluntariado de Biblioteca, representaron para nós o conto A casa da Mosca Chosca. Fixérono xenial e gustounos moito. Di o Rato Gordecho que a próxima semana, cando vaian á Residencia de Maiores, van ter un éxito rotundo. Miau!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio Clubs de Lectura 2025

Ola a tod@s!!
   Recibimos unha boa nova que nos enche de ledicia: a nosa querida madriña, Paula Carballeira, é a autora recoñecida este ano polos Clubs de Lectura das bibliotecas escolares galegas.
   Dende aquí queremos felicitala e, de paso, deixovos a vós a gravación que fixeron con ela os nenos e nenas de 4º.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
                                                                    Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes