Samaín 2024

Ola a tod@s!!
  Hoxe vivimos un mércores terrorífico. Non faltou nada: pintamos cabazas de madeira para o Cemiterio de libros, xogamos con actividades relacionadas co día, decoramos cabazas para incorporar á aula do medo, elaboramos colares de zonchos, as witch fixéronos xogar en inglés, gozamos coas lecturas tenebrosas da biblio...
    Foi un día especial e divertido; pero, iso si, sempre cheo de libros e lectura.


Grazas, ANPA Río de Va, por colaborar tanto! 
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Cemiterio de libros

Ola a tod@s!!
   A choiva obrigounos a mover as actividades. Nada novo, verdade? O que si resultou sorprendente foi que buscamos os libros do cemiterio antes de instalar as tumbas! Cousas veredes... miau! Pero os nosos nenos e nenas poden con todo. Quen dixo medo? E os equipos realizaron un traballo fantástico. Poucas pistas foron necesarias para descubrir os libros que buscaban. Se é que son do que non hai!
                 Parabens, rapazada!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Lectura

Ola a tod@s!!
   Da moita alegría ver o contentos que marchan cando levan a Mochila para a casa.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

ANPA Río de Va

Ola a tod@s!!
   Un ano máis, grazas a ANPA Río de Va, contamos co proxecto de igualdade. Desenvolverase ao longo deste trimestre e conta con obradoiros para a alumnado e tamén para profesorado e familias.
   Un cole é comunidade e a colaboración entre todos é fundamental para ofrecer aos nosos nenos e nenas unha educación de calidade.
   Dende a biblioteca escolar non podemos deixar de agradecer a gran labor que a ANPA realiza, curso tras curso, cun gran esforzo e moitísimo tempo de dedicación.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas rapazada!

Ola a tod@s!!
   Hoxe celebramos a primeira xuntanza do voluntariado de biblioteca. Tocou asinar os compromisos e establecer os grupos. Axiña, a traballar.
Moitas grazas, rapazada!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Equipos

Ola a tod@s!!
   Están xa en marcha os equipos interniveis para traballar na biblio. Comezamos cunha actividade para practicar a CDU. Pero, antes de nada, houbo que nomear ás madriñas e padriños deste curso. Polo de agora temos a Miriam, Uxía, Hugo e Gael que, como son maiores , teñen moito que ensinar ás nenas e nenos máis pequenos.
   Os tres grupos conseguiron sen dificultade o reto que Mica preparou. 
   Non hai como traballar xuntos!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Familias lectoras

Ola a tod@s!!
   Todos temos claro que o exemplo é unha das mellores maneiras de aprender. As familias que len transmiten aos seus fillos e fillas o amor polos libros e a lectura. Se a experiencia se comparte cos demais o seu potencial é maior.
 Moitísimas grazas por vir e compartir con nós tan fermosos momentos.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Temporal

Ola a tod@s!!
   A nós non hai temporal que nos impida gozar do noso tempo de lecer: temos unha biblio fantástica!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado

Ola a tod@s!!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Pegadas

Ola a tod@s!!
   
Se estes días comentamos a nosa alegría por ver de novo a biblioteca chea de vida, hoxe o entusiasmo foi todo dos nenos e das nenas. Nada menos que atoparon unha pegada de Micabigotes no patio!!! Velos tan sumamente felices non ten prezo!!! Miau!
   Cousiñas simples da vida... A infancia, ese tempo marabilloso...


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas

Ola a tod@s!!
   Se onte recibimos con alegría a gran acollida que tivo a biblioteca no tempo de recreo, hoxe non podemos deixar de celebrar o entusiasmo co que saíron as primeiras Mochilas Viaxeiras deste ano.
Grazas, pequenos lectores e lectoras de Os Casais. Sodes ben grandes!


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Que alegría!

Ola a tod@s!!
   Hoxe foi o primeiro día que abriu a biblioteca no recreo. Que alegría! Notouse ben que eran moitas as ganas que tiñan de poder gozar nela. Foron moitos os nenos e nenas que aquí se achegaron para ler, para xogar, para compartir o seu tempo cos outros. O Rato e mais eu quedamos ben contentos de que estean tan felices.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes