ROBÓTICA

Ola a tod@s!!
   Desta vez foron as familias as que se achegaron a eses"bichiños" cos que estamos a traballar tanto neste curso. A profe Alba realizou un obradoiro pola tarde na biblioteca no que puideron coñecelos e comprender a súa función educativa. Non son xoguetes (ainda que tamén poden selo), senón ferramentas de aprendizaxe.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

LOLO

Ola a tod@s!!
A clase de Educación Infantil foi coñecer o pingüín de María. E de paso ver canto medraron os seus.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Que pouco tempo lles queda neste cole á maioría dos que saen na foto!
Con razón houbo moita emoción ao recibir á madriña de hoxe... Leva lendo para el@s, curso tras curso, dende que tiñan 3 anos... e van quedando, pouco a pouco, cada vez menos ocasións de repetilo (o curso, o seu último da Primaria, vai rematando).
Moitísimas grazas, Pili, por acompañalos no seu crecemento coma lector@s!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día da Terra

Ola a tod@s!!
   Con ocasión do Día da Terra lembramos o indispensable que ó coidar o medio ambiente. Coa exposición Viaxe á Antártida achegámonos un pouco a este extraordinario e privilexiado territorio para comprender a importancia de preservalo.

Dende aquí agradecemos ao CPI As Mirandas a cesión temporal da cartelería informativa para realizar esta exposición.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Noe le con nós

Ola a tod@s!!
   Canto me gusta ver mamás como Noe, que desfrutan coa lectura e ainda mais desfrutan compartíndoa con vós. Grazas de novo, Noe.

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
  A clase da profe Alba estivo na biblio na Exposición da Igualdade. Gustoulles moito (ou iso pareceume a min ao ver o interesados que estaban e canto traballaron despois).

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Nós tamén lemos

Ola a tod@s!!
  Non pensaredes que so len as mamás e os papás, non? Neste cole, onde o rato e mais eu vivimos, le todo o mundo. E moito. E dende pequenos. Mirade, se é que pensades que non...

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Grazas, mamá e papá.

Ola a tod@s!!
 Seguimos cos papás e mamás lectores. Desfrutamos moitísimo cando veñen, verdade?

 Grazas, Pili. Grazas, Miguel.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Viaxe á Antártida

Ola a tod@s!!


No salón podedes visitar a exposición sobre a Antártida. 
Coloquei as fotos dos novos pingüíns apadriñados este curso.
Non queredes coñecelos?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Agasallo inesperado

Ola a tod@s!!

Levei unha boa sorpresa!
 Viñeron vernos os de Radio Fene e trouxeron un lote de libros. Que fantástica iniciativa!
  Non paro de ronronear dende que chegaron.
    Moitas grazas.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Educación Infantil por a Igualdade

Ola a tod@s!!
Que mellor día que hoxe, 23 de abril, para asomarse ás páxinas dun bo libro! 
Hoxe pillei (non me viron) á clase de Educación Infantil visitando a Exposición da Igualdade. Canto me prestou!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

23 de abril. Dia do Libro

Ola a tod@s!!

   Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro para recoñecer a súa importancia como ferramenta cultural.

  Todo, todo está nos libros. Todo o que é. E todo o que non é, pero podería ser. Tamén o que nunca foi nin será, nin podería selo.
 A vida toda está nos libros: a historia da humanidade... o que sentimos as persoas... o que soñamos ou simplemente imaxinamos...
   E por qué lemos?
-  En primeiro lugar porque alguén nos aprendeu a facelo,
-   porque outras persoas nos acompañaron nas nosas primeiras lecturas,
-   porque leron para nós ata que fumos capaces de facelo por nós mesmos
-  porque desfrutamos coa lectura compartida no camiño de descubrir o placer de mergullarnos sós nun libro.


    Isto é o que queremos homenaxear no Día do Libro deste ano: as persoas que foron abrindo camiños para nós; esas persoas que, lendo, axudáronos a medrar como lector@s. E a nós mesmos que apamadriñamos a outros nenos e outras nenas que veñen detrás.

    E aos libros que lemos; por riba de todo aos nosos favoritos.

  Ronroneos e miañadiñas


Mica Bigotes

STEMlab Galicia

Ola a tod@s!!


   O alumnado de 5º e 6º asistiu a STEMlab Galicia, a feira na que diferentes centros educativos amosaron os seus proxectos.
   Coñeceron ao astronauta Pedro Duque.
   (Foi unha mágoa que non fora eu tamén a Compostela, porque teríao saudado. Fixémonos amigos daquela que o rato e máis eu rescatamos estrelas polo espazo. Lembrades aquela aventura?)
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Familias lectoras

Ola a tod@s!!
   O venres tivemos a sorte de contar con dúas mamás lectoras.
   A próxima semana continuaremos.

   E quedan os vosos! Ide chamando ao sol, que se chove haberá que adialos. E non queredes, verdade?



   Moitas grazas Pili; moitas grazas, Sandra, pola vosa amable colaboración.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Van chegando

Ola a tod@s!!
Non so @s maiores traballan coa Maleta da Igualdade.
O outro día quiteille unhas fotos a 1º e 2º. Estaban tan concentrad@s que nin se enteraron.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

1ª Sesión de traballo

Ola a tod@s!!
   @s primeir@s que visitaron a Exposición da Igualdade foron @s maiores. Dende o meu recanto puiden ver canto traballaron e o interesantes que lles pareceron os textos que leron.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Maleta da Igualdade

Ola a tod@s!!
   Xa temos expostos os libros da Maleta da Igualdade acabadiña de chegar do CFR.
   Estes libros de lectura contribuirán a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...
   

 Xa veredes como vos encantan  (seino ben, porque moitos deles xa volos teño prestado eu).
   O rato e mais eu temos preparado traballo para facer...
 Non faltedes! 

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes


Andrea, a contacontos

Ola a tod@s!!



Aquí temos a Andrea lendo na clase de Infantil.
 Est@s nen@s de 5º e 6º son cuasiprofesionais contando contos.


     Levan leído moito comigo, e nótase, verdade?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

#rodandoadiversidadeenigualdade

Ola a tod@s!!
   O mércores 11 algúns tiveron a oportunidade de ter nas mans a preciosa pelota da Escola de Ombre (Pontedeume), que visitou a nosa biblioteca por un día.
   É esta unha pelota moi especial, unha pelota que roda de cole en cole na defensa da diversidade en igualdade.

                     

    A escola de Ombre é pequena, pero con inciativas grandes, porque alí saben ben que
Moita xente pequena, dende lugares pequenos,
facendo cousas pequenas,
pode cambiar o mundo.

#rollingdiversityinequality
#rodandodiversidadenlaigualdad
#internationalwomensday
#ombre#pontedeume#galicia#españa#spain
Instagram:cuentos_3rs

Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Achégase o 23 de Abril

Ola a tod@s!!
 
 Uff! Estou a tope preparando o Día do Libro: organizando eses "apamadriñamentos" que tanto desfrutades, recopilando fotografías, escollendo libros...

   Menos mal que conto con voluntarias maravillosas que están sempre dispostas a botar unha man!
                                                          Grazas gatunas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Obradoiro

Ola a tod@s!!
   O luns realizamos un obradoiro de instrumentos musicais artesanais.
Foi fantástico!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Planificando o museo...

Ola a tod@s!!
   Andan botando fume pola orellas pensando todo o que precisan para sacar adiante o proxecto do museo. As cabeciñas téñenas a mil revolucións de tanto como pensan. Pero a cousa parece que xa vai indo...



   Dis que necesitan:
  • Poñerlle un nome
  • Cartel
  • Publicidade
  • Entradas
  • Limpar "o eco"
  • Pintar o muro
  • Cartelería explicativa
  • Cartóns, biombos, atrís e cordas.
  • Decorar o espazo
  • Guías que o expliquen
  • Normas de uso
  • Pedir axuda
  • ...
     
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

PARABÉNS

Ola a tod@s!!
 
   Estou entusiasmada!!!

   Verdade é que non esperaba menos dos meus nenos e nenas lectores, porque de sobra sei que son fantástic@s! Pero non podo evitar que se me poñan de punta os bigotes de tanta alegría que me da ver como tod@s se apuntan voluntariamente a ler.


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacontos

Ola a tod@s!!

 Hoxe, 6 de abril, foi Miriam a contacontos da aula de Infantil.
Ao rato gordecho, que estaba agochado comigo, custoulle recoñecela. Di que parece outra co seu novo "look".
Vaites! Ten cada cousa este rato!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Luces do futuro

Ola a tod@s!!

   Empezamos o 3º trimestre con enerxía. Si, si, "literalmente". As nenas e nenos do 3º ciclo en Ciencias Naturais, bloque 3: Materia, enerxía e tecnoloxía.
   E, para iso, que mellor que experimentar!

   Tivemos a sorte de que nos visitara toda unha filosofo-física: Sabela Reyero Serantes, membro da OSA Student Chapter, uhna asociación da Universidade de Salamanca e de OSA (Sociedade Americana da Óptica) co obradoiro: Luces do futuro
   Todo o que fixeron parecía maxia, pero non... era ciencia!!!
   Así aprende calquera!!!


   Grazas Sabela!!! Volve pronto!!! (con máis ciencia)

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Día do Libro Infantil e Xuvenil

Ola a tod@s!!

   Coma en anos anteriores,o IBBY  (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data do nacemento de Hans Christian Andersen.
    A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
   Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico.
   Gálix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.



   Este ano o concurso consiste na realización dunha versión en cómic dun conto de Andersen.

As nenas e nenos deste cole son tan artistas que non van perder a oportunidade de participar.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Quentando motores

Ola a tod@s!!


La imagen puede contener: 2 personas, personas sentadas e interior
Aquí están  preparando lecturas grupais para compartir.
É que chegou abril e estamos desexando que chegue o día 23, Día do Libro, para desfrutar dos "apamadriñamentos".

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes