Chegou a Poesía... ás árbores... a primavera... anque chova!

Ola a tod@s!!
   
   Queredes ver algunhas imaxes da actividade do cole nos últimos tempos, incluido o "espazo maker", no que tanto aprendemos coa robótica? Si? Pois estade moi atent@s...





   
  Había unha nena maior léndolles a nenos e nenas máis pequenos, verdade? Víchedela? Quen é?   E que est@s maiores seguen a ser contacontos. Encántalles!  E nin imaxinades canto desfruto eu mirando e escoitando dende o meu agocho segredo!

Si, tendes razón... é Clara.

  O Día da Poesía inauguramos A Árbore de Mica, na que tendimos ao sol os poemas que escribimos. Tamén recitamos.

 Ese mesmo día,  21 de marzo,  celebramos tamén outras cousas.
   En primeiro lugar, como esa é a data para lembrar ás persoas que teñen a síndrome de Down, sumámonos á iniciativa de levar os calcetíns desaparellados.
   Foi un pequeno xesto para visibilizar a diversidade e concienciar de que non debe convertirse en desigualdade.



   Como o 21 de marzo celébrase tamén o Día da Árbore, non só inauguramos a preciosa Árbore de Mica (que fixeron as nenas e os nenos de 5º e 6º), senón que tamén, da man do colectivo "Cousa de Raíces", reivindicamos a conservación dos bosques autóctonos.



   Nós enviamos dúas fotografías. A primeira, baixo esa fantástica árbore que vai ser dende hoxe o portal de entrada á Biblioteca; a segunda (como non facelo!) no noso marabilloso bosque, ao que tanto queremos.




   Para o 8 de Marzo fixemos algo moi especial: as mulleres das nosas familias leron de xeito continuado dúas fermosas historias dunha escritora galega.





   Mais non olvidamos que este curso Mica pideunos que fósemos artistas. Como nesas estamos: investigando, aprendendo e practicando, aprendendo todo de pintoras e pintores que foron ou son grandes artistas, tamén dedicamos o 8 de Marzo, de maneira especial, a algunhas pintoras galegas.



   Ademais, tivemos unha sesión de Contos pola Igualdade, que nos ofertou o Concello. Foi unha pena que, despois de tantos anos cancelaran a actividade Fene lendo mulleres, na que tanto nos gustaba participar.
   En troques veu ao noso cole, á nosa biblio, Marisa Irimia, narradora oral, ilustradora, animadora á lectura, actriz e historiadora da arte (miaaauuu!!!) cunha actividade titulada Rapazas de Conto.



  Miauuu, marramañau...!  Xa está lista a miña árbore! As nenas e os nenos de 5º e 6º fixeron ben o encargo que lles pedín. Mirade: é toda unha obra de arte! Ou non?



Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Febreiro


Ola a tod@s!!

Queredes saber quen foi o último (polo de agora) que pasou pola aula de Infantil para lerlle aos pequenos? Foi Jaime. Pasaron un rato estupendo!



Pedinlles algo moi especial @s artistas de 5º e 6º. Están preparando unha cousa que nos vai encantar a tod@s. A min, a primeira.
 Xa veredes cantas actividades poderemos facer despois aí!
   Durante varios días estiveron no noso cole dous  invitados moi especiais. Son o bombeiro ecoloxista de Manchester Martin Hutchinson e o seu can Starski. Non chegaron en coche nin en avión, senón no seu vehículo especial co que se dedican a percorrer o mundo concienciando da importancia de coidar o medio ambiente. 

  
  Vivimos con eles uns días certamente intensos nos que aprendimos cousas moi interesantes sobre a súa persoa. leva dedicado a isto dende o 2006, así que ten moitas anécdotas que contar. Pero, sobre todo, falounos (en inglés) do perxudiciais que son os plásticos para os nosos mares.


Foi un auténtico privilexio telos connosco.
Gazas, profe Ainhoa. 

 Unha das  datas destacadas do Calendario do Libro e da Lectura é o Día da Ilustración, que se celera todos os anos o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Como se vén facendo desde o ano pasado, este día, ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultura, serve para homenaxear un autor (ou autora, non?) histórico galego. 
O protagonista deste ano foi Camilo Díaz Baliño.



   Pola Candeloria realizamos a actividade "Lingua que namora" e enchimos a entrada do cole coas mais fermosas palabras da nosa lingua escritas en paxariñas de papel.


O luns 29, para celebrar o Día da Paz, visitounos Anxo Moure e, coma sempre, recibímolo con moita ledicia, porque fainos pasar ratos moi divertidos.
Falounos da importancia das árbores, aprendeunos a reciclar papel a ata a "reciclar" as malas noticias!




Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Entramos no 2018


Ola a tod@s!!
   O martes, 27 de xaneiro visitamos a exposición de cerámica de Pérez Porto no Museo de Humor de Fene. Carme Romero fíxonos unha visita guiada moi, moi interesante.
   
@s maiores continúan coa súa actividade "Somos contacontos", da que tanto desfrutan el@s e mais na clase de Educación Infantil. 
   Aquí tedes a Yago exercendo de lector experto.

   Preparei un pequeno video-resumo do concurso de logos.
Queredes velo?



  Unha vez que as vacacións remataron, púxenme (con moita axuda, iso si) a preparar un espazo novo. Houbo que diseñar, darlle voltas, facer as compras, pintar... Uff, canto traballamos tod@s!!!
 Pero está quedando chulo. Canto o ides desfrutar! É o noso ESPAZO MAKER.


 Como hai tempo que non sabedes de min, igual pensades que ando todo o día a durmir... Diso nada! Nin imaxinades o atarefada que estou sempre pensando cousas marabillosas para vós, querid@s nen@s lector@s.

  Para empezar, durante as vacacións, coma sempre, busquei libros e libros, e máis libros, visitei librarías, falei con expertos que me fixeron recomendacións... 
   Por certo,  estando nestas, atopei en Boolino (unha libraría infantil e xuvenil online) unhas recomendacións que me pareceron interesantes.
   Aquí as tedes. Penso que son boas para incorporar ao noso ideario, non? O rato gordecho di que si.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes