Libros para tremer

Ola a tod@s!!
Xa podedes escoller lecturas para pasar un pouquichiño de medo. Quitei algúns libros para o corredor, pero na biblio teño moitos máis.

Chega o Samaín! Tod@s a ler!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Premio da RAG

Ola a tod@s!!
   O martes, 24 de outubro, foi un día moi especial. Todas as nenas e nenos dos Casais (eu tamén, pero tan ben agochada que ninguén me viu) acudiron á Real Academia Galega para recoller o premio Primavera das Letras 2017.
   Alí aprenderon en que consiste o traballo de arquivo (algúns ata tiveron ocasión de practicar) e a importancia da RAG.
   Visitaron o museo de Emilia Pardo Bazán e descubriron importantes cousas da súa vida e obra.
   Compartiron a xornada coa escritora Fina Casalderrey, con Víctor Freixanes, presidente da Academia,  con Hâkan Casares, fillo de Carlos Casares, c@s nen@s e profesor@s dos outros coles premiados... e con Braulio.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Deliberar, consensuar e decidir.

Ola a tod@s!!
   E para rematar tan intenso día, a última hora tocoulles "pensar". Pero pensar, pensar. De verdade. Porque seguro que marcharon decindo: "Vaia ocurrencias que tivo Mica! Se vedes as preguntiñas que lles puxen... Moitas voltiñas tiveron que darlle ás cabezas para contestar. E a saber se estarán ben!
Cando poidan mirar nos libros, xa veremos. Seguramente atoparán máis de un disparate.
Non importa. Gustoume moito velos facer unha actividade  xuntos, grandes e pequenos. Ademáis, así coñécense mellor.
Foi moi divertido!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Presentación do PDI

Ola a tod@s!!
   Por fin, despois de tanto como traballamos nas primeiras horas da mañá, chegou a hora de ver que é o que quere Mica que fagamos este ano.

 
Quere que sexamos artist@s!!!
Ela, que nos coñece ben, di que xa o somos. Será verdade?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Queiman Galicia

Ola a tod@s!!
   Antes da presentación do PDI deste curso non quedou outra que facer un alto no camiño para lembrar que,  hai poucos días, o noso bosque sufriu a perda doutros bosques irmáns, montes galegos arrasados polo lume nunha fin de semana tráxica.
   Galicia enteira está de loito. 

   Cada monte perdido, cada árbore queimada é unha perda para cada un de nós, para a humanidade enteira.
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Alimentación saudable

Ola a tod@s!!
  En 5º e 6º tiveron esta mañá un obradoiro sobre alimentación saudable, organizado polo Concello. Non poido ser na biblio porque tiñamos o espacio habilitado para as actividades de mais tarde e precisaban mesas, por iso desenvolveuse na súa aula.
   Foron moitas as cousas que aprenderon.
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Contacreques

Ola a tod@s!!
   O 18 de outubro o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Primaria acudiu ao Auditorio Municipal  de Narón para asistir ao espectáculo poético Contacreques, de Produccións eme2.

  Esta divertida e desenfadada representación está baseada nos contos clásicos O Reiseñor, Garavanciño e O Zapateiro e os trasnos.
Pasárono moi ben. Algúns sentaban por primeira vez nun patio de butacas.

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Programa TEI

Ola a tod@s!!
   O mércores, 11 de outubro, celebramos na biblioteca o acto de presentación do Programa TEI, de titoría entre iguais.

        
   O respecto, a empatía e o compromiso son os piares básicos deste programa de convivencia, no que o alumnado de 5º e 6º de Primaria titorizarán @s compañeir@s de 3º.
   Despois de que @s titor@s asinaran o seu compromiso, a directora do IES e o representante da Guardia Civil entregáronlles os carnés e diplomas correspondentes.
Dende aquí dámoslles as grazas a est@s maravillos@s nen@s que, de forma voluntaria, non dubidaron á hora de  asumir tan importante responsabilidade. 
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

Mes das Bibliotecas

Ola a tod@s!!
Teño que contarvos que o venres pasado realizamos a primeira fase (son tres) da actividade que temos preparada este ano para celebrar o mes das bibliotecas. 
  
Todos estes libros (que buscaron @s nen@s, agrupados en equipos nos que misturamos os niveis) están a espera da segunda fase.
  O alumnado tamén espera. Ninguén sabe o que van ter que facer. Eu si, claro. E o rato gordecho tamén.
O único que vou dicir polo de agora e que vou poñer a pensar a todo o mundo. Pero a pensar de verdade, eh! A darlle voltas á cabeza ata que bote fume, porque non vai valer dicir: "non sei..."

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Voluntariado de biblioteca

Ola a tod@s!!
Hoxe estou, de novo, moi contenta. Coma sempre! , todo hai que dicilo, porque a verdade é que non me dades máis que alegrías.
Preguntei na clase de 5º e 6º quen quería colaborar coma voluntari@ neste curso e, mirade:
 Se é que sodes fantástic@s!!!
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Vaia sorpresa!!!

Ola a tod@s!!
Estamos de noraboa!

  A Real Academia Galega concedeunos un premio pola celebración do Día das Letras do curso pasado.
   É un recoñecemento que recibimos con orgullo e satisfacción, mais co pleno convencemento de que o auténtico premio foi desfrutar tod@s xunt@s de tan fermosa xornada.
    Lembrades o ben que o pasamos?
    Non?
    Pois volvede ver isto:


Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Mochilas 17-18

Ola a tod@s!!
Xa empezamos!!!
Esta semana comezou a andaina das mochilas viaxeiras.  

Espero que todas as familias as desfruten coa mesma ilusión que @s nos@s nen@s as levan. Mirade que cariñas!

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes

Queredes vir?

Ola a tod@s!!
Xa chegou outubro! Así que, abrimos as portas!!!
Quero vervos a tod@s collendo libros para levar, lendo, traballando na biblio, utilizando o canón e os ordenadores...
Sei que medrastes moito, porque andei espiando polas ventás das clases. Alguén me viu? Non, verdade? É que sei agocharme moi ben. Pero iso so non me vale, eu quero que veñades á biblio. Faredesme o favor?

   E, por certo, xa temos no cole o precioso  cartel que deseñou Xosé Tomás para celebrar o mes das bibliotecas deste ano.
   Vedes que o lema é: "Aprender a pensar coa biblioteca escolar".
    Non me digades que non é ben acaído!  Iso é o fundamental que temos que aprender as persoas.

   Qué mellor sitio que a nosa biblio para facelo?

Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes