Despois de ter listos os carnés hai que empezar coas mochilas viaxeiras. E iso si que da traballo!!! Moitísimo mais traballo que escribir as cartas dos nosos amigos os gatos, a pesares de ser un montonazo.
Sabedes que temos nove; unha para cada curso. Como somos pouquiños eu vos teño un pouco mimadiños e non quero que as lecturas se repitan e que ninguén leve unha mochila idéntica á que levou o seu irmán ou a súa irmá maiores. Así que, teño que modificalas, refacelas, clasificalas, comprobalas, ...alas, ...alas. Isto si que é un chollo de campeonato! Menos mal que teño a miña colaboradora Maribel, que é a que máis sabe de libros en todo o mundo mundial, senón non sei se non quedariades sen elas.
Pero non; todas saíron na data prevista.
Vedes que fachendosos ían estes dous con cadansúa mochila?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario