Ola a tod@s!!
   Vou seguir contando. Agora ando outra vez a mil porque viñeron libros da Escola de Limodre e hailles que facer un oco na nosa biblio, non? Así que, eu que pensaba que unha vez listas as cartas ía ter un pouco de tempo para falar con vós das cousas do día a día, atópome liadísima de novo.
   Pero bueno, non queredes escoitar penas, verdade?, senón saber a qué andei nestes meses pasados nos que non dei nin unha miañadiña por aquí. Ímos aló, entón!
  


Non ben empezaron a saír as mochilas deu a hora de celebrar o Mes das Bibliotecas. 
 Este curso está dedicado ás Artes, como vedes no cartel. 
   A Biblioteca Escolar é un espazo no que aproximarse á producción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos videos, de Internet... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, comic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas. É un espazo para vivir e experimentar e tamén para expresarse a través das distintas opcións artísticas.

    Como estabamos ainda no principio de curso, o rato e máis eu decidimos repasar un pouco a CDU (Clasificación decimal universal). Sempre é necesario que o alumnado practique a catalogación por materias da nosa bibliteca.

    Así que preparamos unha exposición un pouco rara... non lle puxemos libros!!!

    Pero pronto empezaron a aparecer... Foron @s nen@s @s encargad@s de buscalos e colocalos, segundo o tejuelo indicado nunha tarxeta.

      Foi un xogo. Pasárono moi ben. (Eu millor, mirando para eles dende o meu escondite).



  Despois, unha vez que tivemos a exposición como ten que estar ( cos libros), co material utilizado elaboramos un gran mural no corredor de abaixo, que durante todo o curso lembraranos que este ano está adicado ás artes.


  
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Despois de ter listos os carnés hai que empezar coas mochilas viaxeiras. E iso si que da traballo!!! Moitísimo mais traballo que escribir as cartas dos nosos amigos os gatos, a pesares de ser un montonazo.
 
   Sabedes que temos nove; unha para cada curso. Como somos pouquiños eu vos teño un pouco mimadiños e non quero que as lecturas se repitan e que ninguén leve unha mochila idéntica á que levou o seu irmán ou a súa irmá maiores. Así que, teño que modificalas, refacelas, clasificalas, comprobalas, ...alas, ...alas. Isto si que é un chollo de campeonato! Menos mal que teño a miña colaboradora Maribel, que é a que máis sabe de libros en todo o mundo mundial, senón non sei se non quedariades sen elas.
   Pero non; todas saíron na data prevista.
 Vedes que fachendosos ían estes dous con cadansúa mochila?
 Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
   Tal como deciamos onte, vou empezar a contar, dende o principio, todo o que levo (levamos) feito ata o de agora (sin contar a miña correspondencia gatuna, que iso xa quedou claro).
   Que pensades que é o primeiro que hai que facer?
   O primeiro é cambiar a todo o mundo de curso e poñelo no lugar que lle corresponde. Se non, seriades sempre no ordenador alumn@s de 4º de EI, e non sei se vos ía gustar tal cousa, co que tedes medrado...
                            
    E a continuación preparar os carnés para empezar prontiño co préstamo, sen esquecer facer os do alumnado de nova incorporación.
     
Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes
Ola a tod@s!!


Ronroneos e miañadiñas

Mica Bigotes

A que me estabades a botar de menos? Non me estrana, porque andei tan liada que non puiden achegarme ao blogue nin para dicir "ola".
Mais non pensedes que estiven a durmir, eh? Nada diso. Levo mais de dous meses escribíndolle cartas a todos aqueles gatos e gatiñas que viñeron coñecer o noso concello o curso pasado. Lembrades?
Por se alguén non me cre, teño probas gráficas, mirade:

Xa vedes,  montes e moreas de cartas. Como non me ía levar tempo!!!
Pero agora xa está. Prometo, dende mañá, empezar a contar todo o que fumos facendo no cole durante este tempo.