Hoxe a nosa biblio voltouse do revés con Anxo Moure, un contacontos moi especial que nos veu contaxiar coa súa loucura particular. Entre risas e contos aprendemos dende onde nace o río Miño, ata o importante que é coidar do noso entorno, ou a ampla variedade de árbores que podemos atopar en Galicia.
Anxo Moure é precursor ademáis dunha iniciativa chamada "Contos Solidarios", animámosvos moito, moitísimo a entrar na súa páxina e a seguir as súas andainas.
Moitas grazas Anxo!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ningún comentario:
Publicar un comentario