Ola a tod@s!!
Este pasado mércores celebramos o Día dos dereitos da infancia.
Primeiro, @s nen@s de 6º elaboraron un mural ben grande.
Despois lemos un manifesto a favor dos dereitos d@s nen@s, porque sabemos que ainda hai moit@s nen@s que sufren no mundo e non queremos que iso ocorra máis!
E colocamos os nosos dereitos no mural para que todo o mundo os vexa ben
E ti, aínda non sabes cales son os teus dereitos? Vota un vistazo neste link:
http://gl.wikipedia.org/wiki/Dereitos_do_neno
Na Biblio temos moitos libros sobre o tema, busca no estante número 17!
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes
Ola a tod@s!!
Algúns contos son vellos, vellísimos; tan vellos coma a Lúa ou coma o Sol, tan vellos coma a avoa da túa avoa, tan vellos coma o bocadillo de chourizo e os ovos con patacas! Pensaches algunha vez cal foi o primeiro neno ou nena que escoitou por primeira vez o conto de "Carrapuchiña Vermella" ou o dos "Tres porquiños e o Lobo Feroz"?
Hai uns días celebramos na Biblio a Semana da literatura oral, e viñeron as mamás a contarnos contos que xa as súas avoas lles contaran a elas e a estas as súas mamás e así ao longo do tempo.
Moitas grazas a Pilar, Cristina e Noe, que sempre gardan un chisquiño do seu tempo para a nosa Biblio.
Ademáis de escoitar atentamente, tamén os maiores lle leron contos aos pequenos.
E preguntome eu...quen inventaría ese conto tan vello de que os gatos negros dan mala sorte...?
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes