Ola a tod@s!!
O mes pasado a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) fíxonos o seguinte reto:
Rosalía de Castro é unha fenda.
Unha ferida aberta nas conciencias.
A voz que sempre nos asombra.
Querémola viva,
sabémola ceiba.
Querémola pola rúa,
nos barrios e nos arrabaldes,
nas aldeas e nas prazas,
nas fachadas brancas dos edificios.
Queremos que os seus versos nos invadan,
fender con eles o mutismo das paredes.
Para que a súa voz ilumine os muros.
Alta e clara como murmurio e como berro.
E nós, por suposto, aceptámolo! Que si, que si, que estivemos pintando as paredes! (Non llo digades @s profes...).
Aínda nos queda un pouquiño por rematar, pero... a que está quedando chulísimo?
Aquí nos podedes ver traballando duramente:
Ronroneos e miañadiñas
Mica Bigotes