Outubro: mes da biblioteca escolar

Ola a tod@s!

Sospeitoso, moi sospeitoso!!!!! O rato máis eu estivemos a dar unha volta polos corredores do cole e estamos emocionados, porque sabemos que algo grande vai pasar na biblio nos próximos días. 


Se lestes a nosa carta saberedes que ten que haber un tesouro pirata nalgures...onde????!!! O Gato Farrapo, o meu antepasado, deixounos algunhas pistas que teremos que ser capaces de interpretar para dar con el. 


Tamén temos unha desaparición!! A Sra. Bouzas, dona dun gato amigo meu, desapareceu en estranas nesta mesma biblioteca. Seremos capaces de atopala antes de que sexa demasiado tarde????? Haberá que exprimirse a seseira para dar coa clave!

En fin, espéranos unha semana chea de sorpresas, estades preparad@s??


Miañadiñas e ronroneos





2 comentarios:

  1. Aahhh, dí Miriam. Eu xa fixen os meus marcadores,estou lista, pero non sabía para qué eran. Agora xa fisgoneei a carta i entereime do conto. Teño as cousas claras. Marcador branco para libros que leo no cole, marcador rosa (eu fíxeno rosa) para libro que traio para a casa ¿non sí?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Exactamente, Miriam!! Vexo que temos unha lectora super-atenta! Que ganas de ver eses marcadores, seguro que quedaron chulísimos.

      Eliminar